h1

VISITA O NOVO BLOG DE PALABRAS NO AR 2010

Decembro 16, 2010

Preme na imaxe e accede ao novo blog.

h1

PALABRAS NO AR COMEZA UNHA NOVA ANDAINA

Novembro 2, 2010

PALABRAS NO AR renova a súa imaxe, os seus contidos e continúa percorrendo deferentes vilas e concellos da xeografía galega. As Pontes, Arzúa, Cerceda, Carral, Palas de Rei, Quiroga, Caldas de Reis, Ponteareas e Arteixo serán os escenarios desta nova xeira de obradoiros e programas de radio cos que Kalandraka tentará animar aos nenos e nenas galegos no uso da nosa lingua.

E MOI PRONTO… UN NOVO DESEÑO DE BLOG¡

h1

ANTIGAMENTE…NA RÍA DE AROUSA

Marzo 5, 2010

Aquí tedes este video elaborado a partir das intervencións dos nenos e nenas do CEIP Corvillón de Cambados no taller de oralidade desenvolvido en PALABRAS NO AR. Unha pequena reflexión sobre o que o paso do tempo trouxo e levou.

h1

‘GALEGO Á BEIRA DO MAR’…DE CAMBADOS

Febreiro 25, 2010

Velaquí outra mostra de creatividade dos nenos e nenas de Cambados. Nesta ocasión foron os alumnos de 6º curso de primaria do CEIP San Tomé os que crearon pequenos relatos a partir das ilustracións de Xosé Cobas en Galego á beira do mar.

 

h1

‘GALEGO Á BEIRA DO MAR’ DE CULLEREDO

Febreiro 23, 2010

Presentámosvos este video como resultado do obradoiro de escrita creativa de PALABRAS NO AR cos nenos e nenas do CEIP Ría do Burgo. Un título, Galego á beira do mar, serviunos de punto de partida para que cada alumno propuxera o seu pequeno relato particular a partir dunha das ilustracións que Xosé Cobas ten incluídas no álbum. Un saudable exercico de ‘fantástica’ que vos animamos a repetir.

h1

MÁIS BECHOS DA RÍA DO BURGO

Febreiro 23, 2010

Velaquí outro video-xogo para os amantes da natureza, nesta ocasión con máis habitantes das nosas rías. Animádevos e tentade acertar as adiviñas que vos propoñen os nenos e nenas do CEIP Ría do Burgo no seu obradoiro de oralidade.

h1

MENÚS ORIXINAIS EN SAN TOMÉ

Febreiro 18, 2010

Cocido de ceros. Gorentosa e nutritiva receita, ainda que non moi aconsellable para aqueles que esteamos na escola. Por iso os alumnos e alumnas do CEIP San Tomé elaboraron no obradoiro de escrita creativa uns menús máis apropiados aproveitando os mellores ingredientes do mar do Salnés.

Ler o resto desta entrada »

h1

ADIVIÑA ANIMAIS DO FONDO DO MAR

Febreiro 18, 2010

Aquí tedes un xeito cómodo e divertidio de coñecer os animais dos nosos fondos mariños . Iso si, antes tedes que acertar as adiviñas propostas polos nenos e nenas de 4º curso de primaria do CEIP San Tomé de Cambados nun dos obradoiros de oralidade de PALABRAS NO AR. Un traballo doado para eles, para o capitán Nemo e para o resto dos tripulantes do Nautilus…

h1

HISTORIAS DE NAIPES EN VILARIÑO

Febreiro 18, 2010

A biblioteca do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro foi o espazo onde o equipo de  PALABRAS NO AR  desenvolveu o obradoiro de escrita creativa a partir da proposta de Batalla de Naipes. Escoitade as historias creadas polos nenos e nenas de Vilariño e votade por aquela que máis vos guste.

Ler o resto desta entrada »

h1

CASTRÉLIX E AS ÁRBORES DE CASTRELO

Febreiro 17, 2010

Velaquí tedes aos nenos e nenas de 3º de primeria do CEIP de Castrelo participantes no obradoiro de oralidade de PALABRAS NO AR. Seguide con eles e xogade ás adivinas coas nosas árbores.

Ler o resto desta entrada »

h1

CONTOS CON MÚSICA NA PASTORA

Febreiro 17, 2010

A Escola de Educación Infantil A Pastora foi a primeira parada de PALABRAS NO AR no concello de Cambados. Alí chegaron Patricia e Pablo, convidados  por Galileo Galilé, para contarlles e cantarlles aos nenos e nenas unha chea de divertidas historias…

Ler o resto desta entrada »

h1

EN CULLEREDO, ANTIGAMENTE

Febreiro 16, 2010

Os obradoiros de oralidade desenvolvidos cos nenos e nenas dos C.E.I.P. de Tarrío e do Colexio Ponte Pasaxe tiveron un nexo común, ambos xiraron en torno ao noso pasado máis recente.  En primeiro lugar coñecemos a Manuel e Manuela, os protagonistas do  álbum Avós, quenes nos levaron reflexionar sobre as diferenzas entre a nosa vida cotiá e a de hai tan só unhas décadas. Antigamente….

Ler o resto desta entrada »

h1

ADIVIÑA ANIMAIS: AVES DA RÍA DO BURGO

Febreiro 15, 2010

Velaquí o resultado do obradoiro de oralidade desenvolvido polo equipo de PALABRAS NO AR  cos nenos e nenas do CEIP Ría do Burgo: un divertido enredo que porá a proba o voso coñecemento sobre algunha da fauna máis próxima. Se non sodes quen de acertar… apagade o voso ordenador e liscade dar unha voltiña á beira do mar cos ollos ben abertos.

h1

HISTORIAS DE IDA E VOLTA

Febreiro 11, 2010

Aquí a tedes….a nova banda de Vilacendoi, formada con rapaces e rapazas de aquí e de acolá, símbolo do renacer dunha pequena aldea despois de duros tempos de emigración e soidade. Este foi para nós o punto de partida dunha viaxe compartida cos nenos e nenas do CEIP Isaac Díaz Pardo na que ,despois  dunha ollada ao noso pasado, creamos novas historias para un futuro mellor.

Ler o resto desta entrada »

h1

INVENTANDO… COPLAS

Febreiro 10, 2010

Velaquí os nenos e nenas do CEIP Sofía Casanova de Culleredo que veñen de participar nun dos Obradoiros de Oralidade de PALABRAS NO AR. Durante pouco máis dunha hora e dun xeito moi creativo, traballaron arredor das nosas coplas tradicionais, coñecendoas e recreando novas fórmulas a partires das xa existentes. Animádevos e escoitade as súas divertidas propostas.

Ler o resto desta entrada »