Archive for Xullo 2009

h1

GALEGO CON ACENTO PORTEÑO

Xullo 28, 2009

 Natalia Colombo, na súa intervención con motivo da entrega do I Premio Compostela

Ola amigos, son Natalia Colombo, e hai máis ou menos un ano tiven a grandísima sorte de cruzar o mar e coñecer parte de Galicia. A sorte foi aínda maior cando puiden atoparme con moitos nenos que viven aí, e que me recibiron cos brazos abertos. Todo isto grazas a un pato e un coello, que son os que fixeron que eu puidera vivir esta experiencia que non vou esquecer nunca…

Natalia Colombo é a autora e ilustradora de “Cerca”, o álbum gañador do I Premio Compostela de Álbums Ilustrados, que KALANDRAKA editou en sete linguas. Grazas á tecnoloxía, a súa voz -en galego, co seu suave acento porteño- cruzou o Atlántico para soar no espazo radiofónico de PALABRAS NO AR e quedar plasmada neste blog para todos os seguidores da campaña. A mensaxe completa pódese ler e escoitar a continuación…

Read the rest of this entry ?

h1

DERRADEIRO ‘PALABRAS…’ EN COMPOSTELA

Xullo 20, 2009

Despertador USBTic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar…

Con esta sintonía xa coñecida por todos comeza e remata a derradeira emisión de PALABRAS NO AR  en Santiago. Nesta ocasión, chegounos unha sorpresa especial dende a outra beira do Atlántico: Natalia Colombo, autora e ilustradora de Cerca, libro gañador do 1º Premio Compostela de álbum ilustrado, envíanos unha mensaxe de voz para os nenos e nenas composteláns. Non vos parece fantástico? Unha arxentina falando galego ¡

Animádevos a escoitala premendo no seguinte reproductor ou abrindo enlace correspondente da sección Programas na barra lateral.

h1

XA FALTA POUCO PARA A PUBLICACIÓN DO LIBRO-DISCO “TIC-TAC”

Xullo 17, 2009

«Un saúdo moi grande para todos os nenos e nenas de Compostela. Espero vervos moi pronto nos concertos que daremos para presentar o disco Tic-Tac

O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, é un dos protagonistas de PALABRAS NO AR. Á volta do verán publicarase neste selo editorial o seu primeiro libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustracións de Marc Taeger

Read the rest of this entry ?

h1

CONTINÚA NAS ONDAS ‘PALABRAS NO AR’

Xullo 16, 2009

AntenaContinuade atentos aos vosos receptores  para sintonizar unha nova entrega de PALABRAS NO AR  a través da Cadea SER en Santiago de Compostela. Nesta ocasión as historias mediavais portagonizadas por  reis, príncipes e princesas inspiradas na obra Batalla de naipes teñen especial protagonismo. Sabedes que en Santiago hai unha igrexa onde habitan as catro sotas da baralla? Pois para saber máis, escoitade aquí o que vos contan os nenos e nenas compostelás.

E recordade: a seguinte emisión trasladouse ao LUNS 20 DE XULLO ÁS 13:40 HORAS

h1

MÁIS ‘PALABRAS…’ NO AR DE COMPOSTELA

Xullo 15, 2009

Cazando letras 2

Continúan as emisións de PALABRAS NO AR en Santiago a través da frecuencia de Radio Galicia-Cadea SER . Os nenos e nenas compostelás seguen a mostrar a súa creatividade ofrecéndonos historias elaboradas nos obradoiros de oralidade e de escrita a partir das propostas do equipo de KALANDRAKA.  O invitado nesta ocasión é Xulio Gayoso, autor e ilustrador de A banda de Vilacendoi, conto que serve de elmento conductor do programa de hoxe. Animádevos a escoitalo premendo o reproductor.

Agardámosvos na seguinte entrega de PALABRAS NO AR.

h1

‘PALABRAS NO AR’ CAMBIA O SEU HORARIO DE EMISIÓN EN SANTIAGO

Xullo 15, 2009

reloxo antigoUn aviso para todos os seguidores de PALABRAS NO AR  a través das ondas: por axustes de programación da cadea, o noso programa trasladou o seu horario de emisión das 13:15 horas previstas ás 13:40 horas.

Tamén indicarvos que a emisión prevista para o venres día 17 sairá a antena o luns 20 de xullo no novo horario.

De todos os xeitos, poderedes escoitar os programas no noso blog como é habitual.

h1

SEGUNDA EMISIÓN DE ‘PALABRAS…’ EN COMPOSTELA

Xullo 14, 2009

MaletaPALABRAS NO AR continúa a súa viaxe polas ondas coa emisión do segundo programa en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, ademáis das creacións dos nenos e nenas  que participaron nos obradoiros, contamos coa presenza como invitado de honra de Pablo Díaz. Gaiteiro, cantante, mestre de música e baile tradicional, Pablo leva varios anos contando e cantando historias por centos de escolas de Galicia. Ademáis, é o interprete e compositor de TIC-TAC, tema de cabeceira do noso programa e que dará título  ao libro-disco que  KALANDRAKA editará  nos próximos meses e que poderá acompañarvos neste Nadal.

Queredes escoitar o programa? Pois velaquí o tedes:

Recordade que podedes escoitar todas as nosas emisións no apartado PROGRAMAS de este blog .

Ata pronto e non esquezaces enviarnos os vosos comentarios.