Archive for Setembro 2009

h1

O BOI DE ‘GARABANCIÑO’, EN ALLARIZ

Setembro 29, 2009

O boi de Garavanciño. Marc Taegger. Kalandraka Editora

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de 1º curso do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Nunha estupenda mañá de outono, e despois de pasar diante do mercado, chegaron á Biblioteca Municipal para participar nas sesións de contos con música de PALABRAS NO AR. Alí agardábanos Pablo e Patricia cunha chea de personaxes, algún moi familiar para eles…

Read the rest of this entry ?

h1

PEQUECHOS DO RÍO ARNOIA

Setembro 24, 2009

Obradoiro de oralidade Allariz

O libro “A banda de Vilacendoi” foi o punto de partida dun dos obradoiros de oralidade de PALABRAS NO AR en Allariz. Velaquí o comezo desta fermosa historia do autor e ilustrador Xulio Gayoso:

  Read the rest of this entry ?

h1

ALLARIZ TEN… UNHA ‘AMORA’

Setembro 23, 2009

Obradoiro oralidade Allariz

Hoxe comezaron os obradoiros de PALABRAS NO AR  en Allariz, coa participación dos nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo.

Na Biblioteca Municipal, onde se celebran as actividades, o primeiro que fixeron os escolares foi contarnos como ven eles a súa vila: Allariz ten…

Read the rest of this entry ?

h1

PEQUECHOS DO CORTELLO

Setembro 22, 2009

Pequechos do Cortello

Se hai unha data sinalada no calendario de festas de Allariz, esta é a da FESTA DO BOI. Todos os nenos da vila admiran este enorme e fermoso animal. Pero en PALABRAS NO AR quixemos saber se coñecían algún máis. Por iso, unha das propostas do Obradoiro de Oralidade foi a titulada “Pequechos do cortello“.

Abride estas vellas portas, traspasade o umbral da curiosidade e xogade con nós ás adiviñas protagonizadas por diversos animais domésticos. Os seus autores son escolares de 3º curso de Primaria do CEIP Padre Feijóo, que tomaron de exemplo os títulos da colección PEQUECHOS. Atrevédesvos?

Read the rest of this entry ?

h1

‘PALABRAS NO AR’ …DE ALLARIZ

Setembro 20, 2009

ruasdeallariz

O equipo de PALABRAS NO AR chega esta semana a Allariz, no corazón da provincia de Ourense, para desenvolver -no marco da campaña BOCABERTA– as súas actividades de dinamización lingüística. Obradoiros de oralidade, obradoiros de escrita creativa e sesións de contos con música ocuparán o tempo de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria  da vila, que visirán a Biblioteca Municipal entre os días 22 de setembro e 2 de outubro.

Read the rest of this entry ?

h1

OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ FENE DISPOÑIBLES XA EN CD

Setembro 7, 2009

Palabras no ar: Cds Fene

Unha sorpresa agarda aos nenos e nenas de Fene no comezo deste novo curso: todos aqueles que o pasado mes de maio  tiveran participado nas actividades de dinamización lingüística desenvolvidas por KALANDRAKA nos centros educativos deste concello, recibirán como agasallo, nestes primeiros días de volta á escola, o CD coa gravación dos cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos previamente na radio municipal.

Read the rest of this entry ?

h1

ESCRITA CREATIVA EN FONTIÑAS

Setembro 4, 2009

Novos creadores de Fontiñas

O obradoiro de escrita creativa  que tivo lugar na Escola de Fontiñas a partir da proposta da obra “Batalla de Naipes” deu como resultado as creacións colectivas que podedes ler a continuación.  Imaxinación e creatividade a moreas para comezar o novo curso.

Read the rest of this entry ?