Archive for Xuño 2009

h1

NOVA PROPOSTA PARA OS COMEDORES SANTIAGUESES DESDE O COLEXIO PIO XII

Xuño 30, 2009

Obradoiro de escrita  no CEIP Pío XII

Os alumnos do CEIP Pío XII, de Santiago de Compostela, están a participar na escola de verán. Entre as actividades nas que participan destacan os obradoiros de escrita creativa, da campaña PALABRAS NO AR, de KALANDRAKA. Neste recuncho do ciberespacio amosamos un anaco da súa imaxinación, cun orixinal recetario do que escollemos unhas cantas propostas literario-culinarias. Esta proposta narrativa nace do libro Sopa de soño, de José Antonio Ramírez e Riki Blanco. Gozade desta explosión de sabores con nós!

  Read the rest of this entry ?

h1

REPORTAXE SOBRE ‘PALABRAS NO AR’ EN GALICIA HOXE

Xuño 29, 2009

Reportaxe de Romina Bal publicado en Galicia Hoxe

O suplemento Lecer do xornal Galicia Hoxe publica na edición do domingo 28 de xuño unha reportaxe de Romina Bal sobre a campaña PALABRAS NO AR. Dende o equipo de PNA, moitas grazas pola difusión.

h1

REMATAN AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIO MONFORTE

Xuño 28, 2009

telefono iogurtPodedes escoitar xa no noso blog os dous últimos programas de PALABRAS NO AR protagonizados polos nenos e nenas de Monforte. Ademáis, no programa do xoves contamos coa presenza de Xulio Gayoso, autor de A banda de Vilacendoi, quen nos descubre algúns segredos da súa obra e a súa especial relación coa vila de Lemos.

PALABRAS NO AR EMISIÓN Monforte 4 

PALABRAS NO AR EMISION Monforte 5

Continuade á espreita. As  PALABRAS NO AR  axiña atravesarán os ceos de Compostela.

h1

CONTOS PARA CATIVOS E GRANDES

Xuño 26, 2009

Presentacion Bocaberta

A historia de “Amelia quere un can”, as aventuras de “Paco” na súa viaxe á lúa, a melodías da “Banda de Vilacendoi”, os apuros do “Poliño da abeleira”… relatos que contaron e cantaron Patricia e Pablo na biblioteca do Colexio López Ferreiro. A programación de PALABRAS NO AR no marco da campaña BOCABERTA recibiu hoxe a visita dos nenos e nenas que participan na Escola Municipal de Verán. Mais tamén os maiores se sumaron á sesión de contos e música…

Read the rest of this entry ?

h1

CONTINÚAN AS ‘PALABRAS NO AR’ NAS ONDAS DE MONFORTE

Xuño 25, 2009

Neno con megáfonoXa se emitiu o terceiro programa de PALABRAS NO AR en Radio Monforte. Foi o mércores 24 de xuño e agardamos que fora do voso agrado. Se non tivéchedes a oportunidade de escoitalo non tedes máis que premer o seguinte enlace para facelo: PALABRAS NO AR EMISIÓN Monforte 3. Non volo perdades.

Continuade con nós ata o venres 26 na frecuencia de Radio Monforte (107.4  da FM) ás 14:15 horas, na vosa emisora local de Radiofusión ás 15:15 ou a través da Internet en www.radiofusión.eu.

Ah! e non esquezades enviarnos as vosas suxerencias e comentarios. Agardámolas.

h1

‘PALABRAS NO AR’ CHEGA A COMPOSTELA

Xuño 25, 2009

santiago_de_compostela

Os nenos e nenas de Compostela poderán participar desde o día 24 de xuño nos obradoiros e contacontos que o equipo de PALABRAS NO AR  desenvolverá en distintos centros educativos da cidade dentro no marco do programa  Aulas de Verán organizadas polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.

Read the rest of this entry ?

h1

OS ESCOLARES DE CENTIEIRAS FAN O CÓMIC DE ‘CERCA’

Xuño 24, 2009

Unha mostra do comic deseñado polos alumnos e alumnas de Infantil do CEIP As Centieiras (Fene) trala sesión de contos de PALABRAS NO AR

«O conto “Cerca” deixou a súa pegada nos nenos de Centieiras, así que decidiron facer unha banda deseñada coas aventuras destes novos amigos. “Pato e Coello amigos” quedoulles moi ben e presentárono na campaña de banda deseñada do equipo da nosa biblioteca. Gracias por contar e cantar e facernos desfrutar a todos».

Esta foi a entrañable mensaxe que os escolares deste colexio de Fene deixaron no blog de PALABRAS NO AR. E velaquí unha mostra dese marabilloso comic…

Read the rest of this entry ?