h1

HISTORIAS DE IDA E VOLTA

Febreiro 11, 2010

Aquí a tedes….a nova banda de Vilacendoi, formada con rapaces e rapazas de aquí e de acolá, símbolo do renacer dunha pequena aldea despois de duros tempos de emigración e soidade. Este foi para nós o punto de partida dunha viaxe compartida cos nenos e nenas do CEIP Isaac Díaz Pardo na que ,despois  dunha ollada ao noso pasado, creamos novas historias para un futuro mellor.

 Xulio Gayoso, autor e ilustrador de A banda de Vilacendoi, abriunos camiño facéndonos reflexionar na súa tenra historia sobre o fenómeno da emigración. Por iso lembramos a Rosalía de Castro, quen tan ben reflectiu este drama social e persoal para tantos galegos e galegas. Escoitade este poema lido polos alumnos de Almeiras e que foi tirado da obra Rosalía de Castro. Escolma Poética publidada por Faktoría K de Libros.

Pero en A banda de Vilacendoi non só se fala de emigración. Tamén sobre o seu complementario, a inmigración. De feito, ámbolos dous termos conflúen sobre as mesmas persoas. Só fai falla un cambio de perspectiva para que un emigrante se convirta nun inmigrante, para que o que marche sexa o que chegue. E nós, os galegos , sábemolo por experiencia propia. Por iso quixemos propor aos rapeces e rapazas que participaron no noso obradoiro que crearan pequenos relatos protagonizados por aqueles que, como diría a poeta, deixaron amigos por estranos e a veiga polo mar.

Velaquí algunhas destas historias nas voces dos seus creadores. Poida que nos agrade un mundo mellor….

1. A promesa de Glub

2. A gran imaxinación dos nenos.

3. A nosa terra

4. Unha nova vida

5. Galicia, hai anos…

6. Un novo amigo

7. Da pobreza ao éxito

8. O novo neno

Seguide atentos a PALABRAS NO AR.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: