Archive for Novembro 2009

h1

‘PALABRAS NO AR’ CHEGA A CAMBADOS

Novembro 30, 2009

Despois do seu paso por Culleredo, PALABRAS NO AR trasládase á localidade pontevedresa de Cambados, onde comeza o día 30 de novembro. Contos con música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa ocuparán o tempo de case 800 nenos e nenas dos centros escolares de Infantil e de Primaria deste municipio ate o 11 de decembro. Os programas radiofónicos emitiranse a través de Radio Lider Cambados ás 13:30 horas na semana do luns 11 ao venres 15 de xaneiro, na frecuencia do 107.9 FM. E coma sempre, poderedes seguir aquí a evolución de todas as actividades.

Para máis información, descarga a nota de prensa.

h1

MENÚS DE OUTONO EN QUINTELA

Novembro 28, 2009

Velaquí outra aportación ao mundo da gastronomía das palabras e da imaxinación: uns deliciosos menús de outono elaborados polos nenos e nenas do colexio de Quintela, en Redondela, nun dos obradoiros de PALABRAS NO AR.  Entrantes, primeiros e segundo pratos, sobremesas… Aguzade os vosos sentidos, sobre todo a vista e o gusto, para saborear as receitas máis orixinais da cociña de tempada.

Read the rest of this entry ?

h1

ORIXES E HISTORIA DA RAPA DAS BESTAS

Novembro 28, 2009

Escoitade ben, porque nesta ocasión ofrecémosvos un par aventuras que forman parte da longa historia da Rapa das bestas; festa centenaria do lugar de Sabucedo, na Estrada, e que nos achegan as nenas e nenos do CEIP Figueiroa. Estas historias recrean unha parte da festa grazas á proposta literaria de “Batalla de naipes” para o obradoiro de escrita creativa. Os personaxes da baralla achégannos tamén unha parte da nosa propia historia.

Read the rest of this entry ?

h1

HISTORIAS PARA NON ESQUECER

Novembro 27, 2009

De entre os buxos do Pazo de Oca chégannos estas historias escritas polos alumnos do Ceip Figueroa no obradoiro de escrita creativa da campaña PALABRAS NO AR. Relatos fermosos elaborados a partir da proposta de Batalla de naipes e que nos  levan por lugares capaces de nos facer perder a memoria. Moito ollo, amarrade ben os vosos recordos, porque poden desaparecer sobre as augas do esquecemento.

Read the rest of this entry ?

h1

MOI PRONTO NO BLOG, NOVAS DAS ACTIVIDADES EN CULLEREDO

Novembro 27, 2009

PALABRAS NO AR segue a desenvolver as súas actividades no concello coruñés de Culleredo. Despois da primeira semana de obradoiros de escrita e de oralidade, estanse a realizar estes días, no Edificio de Usos Múltiples do Burgo, as sesións de contos con música. Moi pronto teredes información no blog do que alí está acontecendo. E recordade que as emisións radiofónicas están previstas dende o 14 ao 18 de decembro en Radio Culleredo, no 101.2 da FM.

Continuade á espreita das vosas PALABRAS NO AR.

h1

‘PALABRAS…’ DOS NOSOS AVÓS

Novembro 26, 2009

Coñecédelos? Pois si, son  Manuel e Manuela, os protagonista de Avós, a entrañable historia escrita por Chema Heras e ilustrada por Rosa Osuna, que podedes ler nas vosas bibliotecas. A súa vida, como a dos vosos propios avós, foi moi diferente á nosa: os xogos, a forma de divertirse, os seus traballos, a música que adoitaban escoitar… e ata a forma de falar ou de comunicarse era diferente á de agora. Por iso, en PALABRAS NO AR quixemos adicar parte dos obradoiros de oralidade a pensar e a expresar esas diferenzas. Continuade lendo e mergulládevos nun anaquiño do noso pasado recente.

Read the rest of this entry ?

h1

GÚSTAME… A ESTRADA!

Novembro 25, 2009

PALABRAS NO AR  tráevos unha nova proposta da man dos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi. Convertédevos en xuices deste divertido concurso para atopar a mellor descrición da vila da Estrada. E quen sabe… quizais descubramos algún xenio da publicidade.

Read the rest of this entry ?