Archive for the ‘Ames’ Category

h1

VISITA O NOVO BLOG DE PALABRAS NO AR 2010

Decembro 16, 2010

Preme na imaxe e accede ao novo blog.

h1

MÁIS DE 10.000 VISITAS AO BLOG DE ‘PALABRAS NO AR’

Decembro 3, 2009

MOITAS GRAZAS A TOD@S 

 

h1

100 PALABRAS NO AR

Novembro 13, 2009

100 'entradas' no blog de PALABRAS NO AR

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

h1

ESCOITADE XA AS ‘PALABRAS…’ DE AMES

Novembro 5, 2009

nenos mara baixa

Escoitade xa no blog os primeiros PALABRAS NO AR  emitidos o luns, martes e mércores en Ames Radio e acompañade os nenos e nenas desta localidade no seu percorrido por distintos aspectos da nosa lingua e da nosa cultura. Contos, música, coplas, adiviñas, poesía, creacións literarias… sorprenderanvos na voz dos máis pequenos. Ademais, contamos nestes programas cunha convidada especial, Filomena Fraga, madriña de honra de Ames Radio e muller entranable e xenerosa que compartiu con todos nós a súa sabedoría.

Continuade atentos ao blog ou cazade as PALABRAS no ceo de Ames, cos vosos receptores de radio.

h1

AGRO DO MUIÑO E BISPO GUERRA VENSE NO CAMPO DE BATALLA

Novembro 2, 2009

Campo de batalla.

Terra da Barcala. Lugar de Ames. Ano 2009. No campo de batalla do Pazo da Peregrina víronse as caras os alumnos do CEIP Bispo Guerra e do CEIP Agro do Muíño, e puxeron a funcionar a súa imaxinación nesta batalla de ideas e contos, ofrecéndonos deste modo unha manchea de relatos cos personaxes da baralla. Read the rest of this entry ?

h1

PRÓXIMAS EMISIÓNS EN AMES RADIO

Outubro 27, 2009

Próximas emisións de PALABRAS NO AR en Ames Radio

h1

ASÍ É ONDE EU VIVO

Outubro 27, 2009

Hoxe en día as novas tecnoloxías permítennos cousas que ata hai ben pouco eran impensables. Por exemplo, poderiamos sobrevoar o concello de Ames sen nin sequera movernos da cadeira. Mais, cando queremos coñecer un lugar de verdade, só podemos facelo percorrédoo polo miudo, de vagar, escoitando a súa xente… E iso é o que vos propoñemos de seguido. Escoitade o que contan os nenos e nenas de Ames sobre o lugar onde viven, e aprendede a ver a xeografía, o espazo e a paisaxe a través da ollada dos nenos. Unha escoita indispensable para os que queiran construir un mundo mellor.

Read the rest of this entry ?