Archive for the ‘A Estrada’ Category

h1

VISITA O NOVO BLOG DE PALABRAS NO AR 2010

Decembro 16, 2010

Preme na imaxe e accede ao novo blog.

h1

REPORTAXE NA ‘ESCOLA DO FARO’

Xaneiro 12, 2010

O suplemento ‘A Escola do Faro’, do diario Faro de Vigo, publica hoxe unha ampla reportaxe sobre a campaña PALABRAS NO AR ao seu paso polas localidades de A Estrada, Redondela e Cambados.

h1

AMOR E GUERRA NA ESTRADA

Decembro 28, 2009

Os escolinos do CEIP Pérez Viondi participaron e deron boa conta do obradoiro de escrita creativa desenvolvido por KALANDRAKA para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta ocasión, achegáronnos unha serie de historias de reis, batallas, fillos perdidos, amizade, amores difíciles… Botádelle unha ollada a estas fermosas historias que tamén podedes escoitar nas voces dos seus creadores.  Read the rest of this entry ?

h1

O ACHADO DE OUZANDE

Decembro 20, 2009

Nun antigo pergameo achado en Ouzande aparece a transcrición de dúas coplas tradicionais galegas. A fortuna quixo que os derradeiros versos destas dúas coplas se deterioraran pola humidade ata o punto de seren totalmente ilexibles. Os alumnos do CEIP Pérez Viondi axudáronnos nesta ocasión e reelaborar ou a reescribir estes anacos perdidos da Historia, no obradoiro de oralidade realizado por KALANDRAKA.

Read the rest of this entry ?

h1

MÁIS DE 10.000 VISITAS AO BLOG DE ‘PALABRAS NO AR’

Decembro 3, 2009

MOITAS GRAZAS A TOD@S 

 

h1

ADIVIÑA ANIMAIS: OS INSECTOS

Decembro 1, 2009

Aquí tedes un novo xogo de adiviñas, nesta ocasión, froito do traballo dos nenos e nenas do CEIP Figueiroa da Estrada nun dos talleres de oralidade de PALABRAS NO AR.  Facede como Xan, collede unha boa lente e aventurádevos no coñecemento desta clase de veciños que, ás veces, pasan inadvertidos.

h1

ORIXES E HISTORIA DA RAPA DAS BESTAS

Novembro 28, 2009

Escoitade ben, porque nesta ocasión ofrecémosvos un par aventuras que forman parte da longa historia da Rapa das bestas; festa centenaria do lugar de Sabucedo, na Estrada, e que nos achegan as nenas e nenos do CEIP Figueiroa. Estas historias recrean unha parte da festa grazas á proposta literaria de “Batalla de naipes” para o obradoiro de escrita creativa. Os personaxes da baralla achégannos tamén unha parte da nosa propia historia.

Read the rest of this entry ?