Archive for Xaneiro 2010

h1

DERRADEIRAS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS

Xaneiro 14, 2010

Advertisements
h1

ENTREVISTA AO ILUSTRADOR XOSÉ COBAS

Xaneiro 12, 2010

Xosé Cobas é unha das figuras senlleiras do panorama artístico galego: pintor e ilustrador recoñecido e valorado, persoa sensible e comprometida coa nosa cultura e coa nosa lingua. Os rapaces e rapazas de Culleredo que participaron en PALABRAS NO AR traballaron arredor dunha das súas obras máis representativas: “Galego, á beira do mar”, na que Xosé Cobas ofrece unhas marabillosas ilustracións que recollen toda a dozura do relato escrito por Juan Farias. Ademais de crear as súas propias historias a partir das imaxes do libro, os escolares tamén aproveitaron os obradoiros de escrita para elaborar un interesante cuestionario sobre a faceta profesional de Xosé Cobas. Velaquí a entrevista que se pode escoitar no programa radiofónico emitido o pasado 18 de decembro en Radio Culleredo.

Read the rest of this entry ?

h1

REPORTAXE NA ‘ESCOLA DO FARO’

Xaneiro 12, 2010

O suplemento ‘A Escola do Faro’, do diario Faro de Vigo, publica hoxe unha ampla reportaxe sobre a campaña PALABRAS NO AR ao seu paso polas localidades de A Estrada, Redondela e Cambados.

h1

COCIÑA INTERNACIONAL NO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

Xaneiro 10, 2010

Dende os fogóns do CEIP Isaac Díaz Pardo os seus alumnos nos propoñen unha renovación culinaria totalmente innovadora. Probade a preparar estes pratos de cociña internacional que as nenas e nenos de Culleredo imaxinaron para nós nos obradoiros de escrita creativa desenvolvidos pola editorial Kalandraka e que parten da obra Sopa de soño, de José Antonio Ramírez Lozano.

Read the rest of this entry ?

h1

COCIÑA DE OUTONO Á BEIRA DA RÍA.

Xaneiro 10, 2010

 

Presentamos hoxe un magnífico menú desenvolvido nos obradoiros de escrita creativa que se celebraron no Concello de Culleredo dentro da campaña Palabras no ar que a editorial Kalandraka puxo en marcha dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Read the rest of this entry ?

h1

COPLAS MARIÑEIRAS NO CEIP DE MAGARIÑOS

Xaneiro 7, 2010

Aquí chega a proposta dos creadores do CEIP Magariños, de Cambados. Preparádevos porque temos diante de nós un auténtico exercicio de coñecemento da nosa cultura tradicional. Os nosos pequenos fistores e participantes no obradoiro de oralidade da editorial Kalandraka propóñennos unhas adiviñas feitas con coplas tradicionais. Proba a escoller o verdadeiro verso entre as propostas que nos fan e demostra que eres un auténtico gaiteiro.

  Read the rest of this entry ?

h1

O CEIP PONTE PASAXE ACHÉGANOS AO PASADO TEMPLARIO DE CULLEREDO

Xaneiro 3, 2010

As mozas e mozos do CEIP Ponte Pasaxe, do Concello de Culleredo, que participaron no obradoiro de escrita creativa desenvolvido pola editorial Kalandraka para a campaña Palabras no ar, achegáronnos a parte da historia do seu concello, aquela que nos fala de vellos monxes-soldados, os cabaleiros templarios, que tiveron unha forte presenza no lugar do temple. Atendende a estas historias que nos levan a tempos de peregrinación, de longas viaxes a Terra Santa.

  Read the rest of this entry ?