h1

INVENTANDO… COPLAS

Febreiro 10, 2010

Velaquí os nenos e nenas do CEIP Sofía Casanova de Culleredo que veñen de participar nun dos Obradoiros de Oralidade de PALABRAS NO AR. Durante pouco máis dunha hora e dun xeito moi creativo, traballaron arredor das nosas coplas tradicionais, coñecendoas e recreando novas fórmulas a partires das xa existentes. Animádevos e escoitade as súas divertidas propostas.

Como podedes apreciar na imaxe, cada participantre propuxo  e gravou un final alternativo para algunghas das coñecidas coplas tradicionais. Con ditos finais propoñémosvos un xogo de adiviñas: hai algungha resposta verdadeira ou todas elas son falsas?. Para sabelo teredes que escoitar aos nosos protagonistas….

Teño lanchas, teño remos

teño sardiñas no mar

teño unha nena bonita….

Se o mar fora de leite

como é de auga salgada

non había mariñeiro…

Paxariño, paxariño,

onde vas facelo niño?

Á horta do señor cura…

 

Neste lugar de Quintáns

neste lugar de Quintáns

algún día plantei peras….

Se queres ir vai bailar

se queres ir vai bailar

logo non vaias dicindo….

 Como vos foi? Sabedes xa se algunha das posibilidades é verdadeira? Contestádenos cos vosos comentarios. Agardámolos¡

Advertisements

One comment

  1. Onte estiven no Auditorio de Caldas De Reis no programa de Dinamización Lingüistica da Xunta de Gsalicia Palabras no ar e paseino moi ben e gustoume moito



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: