h1

CONTOS CON MÚSICA NA PASTORA

Febreiro 17, 2010

A Escola de Educación Infantil A Pastora foi a primeira parada de PALABRAS NO AR no concello de Cambados. Alí chegaron Patricia e Pablo, convidados  por Galileo Galilé, para contarlles e cantarlles aos nenos e nenas unha chea de divertidas historias…

Pois aquí o tedes, este é Galileo Galilé. Para os que non o coñezades xa, contarémosvos que este galo afeccionado á astronomía é o encargado de animar a ler aos nenos e nenas da Pastora. Foi por iso que convidou aos nosos contadores a visitar o seu cole. Ademáis a Galileo, como a todos os galos, gústalle moito cantar, polo que que Pablo e Patri ademáis de contos levaron á Pastora unha chea de cantigas e de instrumentos musicais.

O primeiro conto da mañá foi Paco, a historia dun ratiño que como Galileo, devece pola astronomía, por observar o ceo e as estrelas. Así que un día colleu a súa nave espacial e marchou cara a Lúa porque lle dixeran que era de queixo…

E despois cantámoslle á Lúa

Máis tarde apareceu por alí unha amiga de Paco, unha ratiña moi, moi presumida que non quixo casar cun galo. E que acabou varrendo acompañada a súa casiña….

E para rematar, corre que corre axudamos a mamá galiña para que o seu poliño non afogara….

En fin, unha estupenda mañán en boa compaña ceibando as nosas PALABRAS NO AR.

 

Advertisements

One comment

  1. Foi un día especial para os nenos e nenas da E.E.I. da Pastora.

    Cada nivel de infantil estivo durante unha hora, sen pestanexar, cantando e contando, con Pablo e Patri, e na compaña da mascota da sala de lectura Galileo Galilé.
    Para repetir.
    FELICIDADES A PATRI E PABLO



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: