Posts Tagged ‘Emisións radiofónicas’

h1

OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN CAMBADOS XA NO BLOG

Febreiro 4, 2010

Despois dun tempiño sen ofrecervos novos contidos, o equipo de PALABRAS NO AR retorna á actividade para contarvos máis do acontecido nos derradeiros meses da nosa campaña. A partir de hoxe tedes xa a posibilidade de escoitar desde o blog os cinco programas emitidos en Cambados entre o día 18 e o 22 de xaneiro a través de Radio Líder Salnés. Agardamos que disfrutedes deles, sobre todo aqueles que non tiverades a oportunidade de escoitalos na súa programación habitual.

Continuade atentos ao blog, agárdanvos máis sorpresas.

h1

DERRADEIRAS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS

Xaneiro 14, 2010

h1

REPORTAXE NA ‘ESCOLA DO FARO’

Xaneiro 12, 2010

O suplemento ‘A Escola do Faro’, do diario Faro de Vigo, publica hoxe unha ampla reportaxe sobre a campaña PALABRAS NO AR ao seu paso polas localidades de A Estrada, Redondela e Cambados.

h1

CAMBIOS NA PROGRAMACION DE ‘PALABRAS…’ EN CULLEREDO

Decembro 18, 2009

De novo temos que comunicarvos un cambio na programación de PALABRAS NO AR en Culleredo. Problemas técnicos non fixeron posible a emisión do xoves, polo que o programa de onte será emitido hoxe no horario anunciado, as 11:30 horas na sección habitual adicada a cultura. Así pois, o derradeiro PALABRAS NO AR sairá en antena o luns 21 ás 13:05. As nosas desculpas e as de Radio Culleredo a todos os oíntes que habitualmente seguides aos nenos e nenas deste concello, botando as súas PALABRAS NO AR.

h1

CAMBIO DE HORARIO DO DERRADEIRO ‘PALABRAS…’ DE CULLEREDO

Decembro 17, 2009

Os responsables da emisora municipal de Culleredo infórmannos dun cambio de horario da derradeira emisión de PALABRAS NO AR, prevista para venres 18 ás 13:00 horas. Así pois, poderédela escoitar o mesmo día ás 11:30h. dentro do habitual programa de Cultura.

Agardámosvos.

h1

‘PALABRAS…’ DE CULLEREDO, PRONTO NO AR

Decembro 11, 2009

h1

SAÚDO DOS AUTORES DE ‘GARAVANCIÑO’

Decembro 10, 2009

Olalla González e Marc Taeger, adaptadora e ilustrador de “Garavanciño”, editado por KALANDRAKA, envíanlles un agarimoso saúdo aos escolares de Allariz que participaron na campaña PALABRAS NO AR…

Read the rest of this entry ?