h1

CASTRÉLIX E AS ÁRBORES DE CASTRELO

Febreiro 17, 2010

Velaquí tedes aos nenos e nenas de 3º de primeria do CEIP de Castrelo participantes no obradoiro de oralidade de PALABRAS NO AR. Seguide con eles e xogade ás adivinas coas nosas árbores.

Antes de continuar, permitide que vos presentemos a Castrélix, este simpático trasno que vive na biblioteca do CEIP de Castrelo. Podedes ler a súa historia no seu blog.  Nel atoparedes unha chea de actividades interesantes que se fan na biblioteca e no cole. Tamén podedes coñecer que lle pareceron as visitas de PALABRAS NO AR premendo aquí ou aquí. Interesante, non si? Pois fixádevos tamén nestes libros enormes sobre Castrelix feitos polos rapeces do cole.

     

Ademáis de coñecer a Castrélix, atopamos que os nenos e nenas de Castrelo sabían unha chea de cousas sobre árbores e plantas. Como podedes ver nas imaxes, o reino vexetal estaba presente en cada recuncho da biblioteca.

Por iso a actividade proposta no obradoiro foi a elaboración de adiviñas de árbores. De seguido podedes escoitar unha escolma do resultado nas voces dos propios nenos e nenas. Xogade con eles e tentade acertalas.

Divertido, non si? Pois continuade atentos ao blog. Agárdanvos máis xogos e máis sorpresas.

 

 

  

 

Advertisements

One comment

  1. […] feito gravouse e foi emitido en Radio Lider o cal podes atopar no blog de Palabras no ar. Preme aquí se queres ver e escoitar o que fixeron os alumnos e alumnas de […]



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: