Archive for Maio 2009

h1

ORALIDADE NO CEIP A XUNQUEIRA: Pérez Parallé e Paula Carballeira

Maio 31, 2009

Obradoiro de oralidade en torno á obra de Pérez Parallé

O concello de Fene ten a honra de contar con persoeiros importantes na súa cidadanía ao longo dos anos. O poeta Xosé María Pérez Parallé, do que se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, é un dos máis sobranceiros. Entre os actuais, destaca a actriz e autora Paula Carballeira. O obradoiro de oralidade celebrado no CEIP A Xunqueira, en San Valentín, estivo adicado a eles.

 

Read the rest of this entry ?

h1

ESCRITA CREATIVA NO CEIP A XUNQUEIRA

Maio 28, 2009

Alberto barallou e repartiu naipes entre os participantes no obradoiro de escrita

Os naipes dunha baralla poden abrir a porta da imaxinación a historias fantásticas, con personaxes marabillosos, en lugares recónditos. Que llo digan aos rapaces e rapazas do CEIP A Xunqueira, en San Valentín, que participaron no obradoiro de escrita de PALABRAS NO AR.

 

Read the rest of this entry ?

h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP O RAMO

Maio 28, 2009

Sesión de contos e música no CEIP O Ramo

Con que rima a palabra lúa? Cantas pezas ten un clarinete? A onde viaxou Paco? Son preguntas que, ben seguro, calquera escolar de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria do CEIP O Ramo podería respostar logo de participar na sesión de contos e música ofrecida polo equipo de Animación Lingüística de PALABRAS NO AR.

 

Read the rest of this entry ?

h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP DE SILLOBRE

Maio 27, 2009

Foto "de familia" trala sesión de contos e música no CEIP de Sillobre

Nova parada na ruta de PALABRAS NO AR: o CEIP de Sillobre, no lugar de O Souto. Un grupo de escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria agardan a Pablo e Patri, músico e contadora de KALANDRAKA, para facelos cantar, tocar palmas e sobre todo, escoitar e voar coa imaxinación.

Read the rest of this entry ?

h1

ORALIDADE NO CEIP OS CASAIS: Inventando e mesturando coplas

Maio 26, 2009

Os escolares do CEIP Os Casais inventaron e mesturaron coplas tradicionais

O traballo dos escolares no Obradoiro de Oralidade celebrado no CEIP Os Casais de Fene é sorprendente. Rebuscando no legado dos devanceiros e xogando coa imaxinación, o resultado son unhas coplas do máis requintado. A partir dos primeiros versos, os rapaces e rapazas eran invitados a completar unha cuarta rima…

Read the rest of this entry ?

h1

OBRADOIRO DE ORALIDADE NO CEIP OS CASAIS: Pérez Parallé, “A banda de Vilacendoi” e as cantigas populares

Maio 26, 2009

Alberto Barreiro imparte os Obradoiros de Oralidade de PALABRAS NO AR

Estreamos os obradoiros de oralidade no CEIP Os Casais, en Maniños. Neste centro escolar agárdannos alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria para participar na recuperación de cantigas, ditos populares, para exercitar a memoria e verbalizar anacos da sabedoría popular, para pór en valor o talento literario dos poetas.

Read the rest of this entry ?

h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP AS CENTIEIRAS

Maio 26, 2009

Escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria de As Centieiras

Son os cidadáns e cidadás do mañá. E nos contos está boa parte da súa formación para coñecer o que lles rodea, as bases que sentarán a súa relación coas demais persoas e a bagaxe necesaria para valorar a cultura da que proceden. PALABRAS NO AR visita aos benxamíns e benxaminas do CEIP As Centieiras, de Perlío.

 

Read the rest of this entry ?