h1

INVENTANDO… COPLAS

Febreiro 10, 2010

Velaquí os nenos e nenas do CEIP Sofía Casanova de Culleredo que veñen de participar nun dos Obradoiros de Oralidade de PALABRAS NO AR. Durante pouco máis dunha hora e dun xeito moi creativo, traballaron arredor das nosas coplas tradicionais, coñecendoas e recreando novas fórmulas a partires das xa existentes. Animádevos e escoitade as súas divertidas propostas.

Ler o resto desta entrada »

Advertisements
h1

OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN CAMBADOS XA NO BLOG

Febreiro 4, 2010

Despois dun tempiño sen ofrecervos novos contidos, o equipo de PALABRAS NO AR retorna á actividade para contarvos máis do acontecido nos derradeiros meses da nosa campaña. A partir de hoxe tedes xa a posibilidade de escoitar desde o blog os cinco programas emitidos en Cambados entre o día 18 e o 22 de xaneiro a través de Radio Líder Salnés. Agardamos que disfrutedes deles, sobre todo aqueles que non tiverades a oportunidade de escoitalos na súa programación habitual.

Continuade atentos ao blog, agárdanvos máis sorpresas.

h1

DERRADEIRAS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS

Xaneiro 14, 2010

h1

ENTREVISTA AO ILUSTRADOR XOSÉ COBAS

Xaneiro 12, 2010

Xosé Cobas é unha das figuras senlleiras do panorama artístico galego: pintor e ilustrador recoñecido e valorado, persoa sensible e comprometida coa nosa cultura e coa nosa lingua. Os rapaces e rapazas de Culleredo que participaron en PALABRAS NO AR traballaron arredor dunha das súas obras máis representativas: “Galego, á beira do mar”, na que Xosé Cobas ofrece unhas marabillosas ilustracións que recollen toda a dozura do relato escrito por Juan Farias. Ademais de crear as súas propias historias a partir das imaxes do libro, os escolares tamén aproveitaron os obradoiros de escrita para elaborar un interesante cuestionario sobre a faceta profesional de Xosé Cobas. Velaquí a entrevista que se pode escoitar no programa radiofónico emitido o pasado 18 de decembro en Radio Culleredo.

Ler o resto desta entrada »

h1

REPORTAXE NA ‘ESCOLA DO FARO’

Xaneiro 12, 2010

O suplemento ‘A Escola do Faro’, do diario Faro de Vigo, publica hoxe unha ampla reportaxe sobre a campaña PALABRAS NO AR ao seu paso polas localidades de A Estrada, Redondela e Cambados.

h1

COCIÑA INTERNACIONAL NO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

Xaneiro 10, 2010

Dende os fogóns do CEIP Isaac Díaz Pardo os seus alumnos nos propoñen unha renovación culinaria totalmente innovadora. Probade a preparar estes pratos de cociña internacional que as nenas e nenos de Culleredo imaxinaron para nós nos obradoiros de escrita creativa desenvolvidos pola editorial Kalandraka e que parten da obra Sopa de soño, de José Antonio Ramírez Lozano.

Ler o resto desta entrada »

h1

COCIÑA DE OUTONO Á BEIRA DA RÍA.

Xaneiro 10, 2010

 

Presentamos hoxe un magnífico menú desenvolvido nos obradoiros de escrita creativa que se celebraron no Concello de Culleredo dentro da campaña Palabras no ar que a editorial Kalandraka puxo en marcha dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Ler o resto desta entrada »