h1

COCIÑA INTERNACIONAL NO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

Xaneiro 10, 2010

Dende os fogóns do CEIP Isaac Díaz Pardo os seus alumnos nos propoñen unha renovación culinaria totalmente innovadora. Probade a preparar estes pratos de cociña internacional que as nenas e nenos de Culleredo imaxinaron para nós nos obradoiros de escrita creativa desenvolvidos pola editorial Kalandraka e que parten da obra Sopa de soño, de José Antonio Ramírez Lozano.

A proposta que agora achegamos parte do principio de cociñar países enteiros ou os seus aspectos máis típicos e significativos. Non deixedes de ler estas magníficas receitas que rezuman imaxinación por todos lados e que nos achegan a paises do máis exótico…

Cocido de Gaitas (Galicia).

 

As gaitas son aves que voan collendo aire que almacenan no fol e despois o soltan. Pódense cazar vestido de gaiteiro e cunha rede.

As gaitas córtanse en anaquiños pequenos. Colles unha pota e pos auga a ferver. Estonas unhas poucas cebolas e bótalas na auga. Colles un pouco de terra onde se plantaran patacas e bótala. Agora colles as gaitas e bótalas na pota. Bótaslle un pouco de area de praia para que colla sabor e cor. Despois de tres días fervendo sácalas. Pódense servir cun pouco de coiro e anaquiños de bombo.

P.D. É un prato que se o tomas durante unha hora farta moitísimo.

 

Petiscos de chocolate (Suíza).

 

Un prato de suízos ben recheos con chocolate relado por riba. Despois collemos as vacas e as muximos ata encher un vaso. O leite botámolo no prato onde están os suízos co chocolate relado e botamos un toque de linguaxe e letras: francés, quentiño, alemán con xeo, italiano e romanche. Despois dez minutos no forno que se non reventa o chocolate. Ao comer recoméndase non abusar moito se non queres quedar obeso.

 

Elefante con especias (A India).

 

O elefante é un animal moi coñecido na India.

Ingredientes:

-Medio elefante.

-1/2 kg. de especias.

-4 vasos de auga do Ganxes.

-Unha pinga de sal.

Preparación:

Primeiro prepara o medio elefante nunha pota de catro metros. A continuación, cando estea fervido, ponlle unha pinguiña de sal e o ½ kg de especias. Despois de fervelo bótalle catro vasos de auga do Ganxes e méteo nun forno (de catro metros). Cando estea listo cortao en anacos e sírveo nos pratos.

 

Cristiano ao pemento (Portugal).

 

Colles unha perna a Cristiano Ronaldo e a metes no forno cun pouco de pemento doce. Cinco minutos e listo. A 180º.

 

Macedonia á macedonia (Macedonia).

 

Primeiro hai que coller mexicanos, españois, franceses, alemáns, portugueses, americanos e xaponesas.  Despois mételos a todos nunha caixa para despois transportalos ata Macedonia. En Macedonia estará a macedonia feita. Esta mistura de sabores dará o sabor picantorodocehitleportguisobamakonichigua. Para que non se enteren os que coman isto, dis que os berros que veñen coa macedonia é música de fondo.

 

Gaita de carne con bulebule (Escocia).

As gaitas de carne son fáciles de conseguir, acostuman estar nos conservatorios facéndose pasar por gaitas de verdade. A forma de descubrir se son de verdade é meténdolle o dedo polo ronquete. Se non pasa nada é que é unha de verdade, se berra e sae correndo písaa e mátaa. O bulebule tamén é fácil de conseguir. Fai unha rateira con forma de libro xigante. Cando se meta dentro e pise as follas do libro caerá a tapa e matarao. Cocíñao á grella rápido, que bule ao cociñalo, xa que se está moito tempo explota. Despois mete a gaita de carne sen adornos e cun corte no fol na tixola  ata a metade de aceite con sal e a outra cunha mistura de ketchup, mostaza, maionesa, mollo rosa e un pouquiño de sal. O Bulebule tamén se vende nas tendas. Pero bule, que se esgotan. Cociña a gaita de carne nesa mistura uns vinte minutos e mete o Bulebule dentro.

 

Ensalada de palmeiras (Cuba)

Cóllese area e cocos de diferentes tamaños. Despois tíraselle un pouco de vinagre, e tomate. Tamén se lle poñen palmeiras para adornar o prato. Tamén cebola para darlle un sabor picante, e un pouco de auga de mar para que estea salgado.

E xa está listo.

 

Terroristas á grella (Irak).

 

Prendemos a grella a 1.000.000 de Cº para desfacer os tanques e as armas.

Cando están derretidos metemos os terroristas para que se mollen.

Despois deixamolos catro minutos para que se quenten.

Despois botámoslle mollo de gasolina.

E xa se pode comer, pero con coitelo e forquilla.

 

U.S.A. con cogumelos ao allo (EUA).

Este tipo de mamífero só se encontra en verán. Recoméndaselle separar os estados para unha máxima cocción. A cor ten que ser negra ou branca (preferiblemente o máis negra posible), e poslle cogumeliños, dous en cada estado, e xunta os estados e méteos no forno e ponlle un allo por riba.

Venezuela con turpial corido ao forno (Venezuela).

Un pouco de turpial corido cun toque de chocolate e despois á grella uns trinta e cinco minutos. Despois recollemos vexetación das árbores máis coridas. Collemos outro turpial, sacámoslle as plumas, despois misturamos todo nun bol: o turpial enteiro, as plumas de cores, un pouco chocolate e as plumas do turpial. Despois férvese todo e métese ao forno media hora aproximadamente, e xa temos Venezuela con un turpial corido á grella.

 

Brasil á samba e futbol (Brasil).

Para coller o principal ingrediente tes que ir a Río de Janeiro. Tes que engancharte á música e ao baile. Colle toda a que poidas e métea nun bote. Despois tes que coller un balón de futbol e xogar moi ben, máis tarde os metes nun forno e esperas a que empecen a cantar e a dar toques. O prato xa está listo, pero se ten moita samba engádelle un pouco de salsa de salón. Tamén podes facer o mesmo co balón e daslle un toque de balonmán. Xa remataches o prato.

Unha cociña perfecta para estes momentos de globalización. Proba ti a escribir novas receitas cos países máis variados e mandanos a túa creación a PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: