h1

COCIÑA DE OUTONO Á BEIRA DA RÍA.

Xaneiro 10, 2010

 

Presentamos hoxe un magnífico menú desenvolvido nos obradoiros de escrita creativa que se celebraron no Concello de Culleredo dentro da campaña Palabras no ar que a editorial Kalandraka puxo en marcha dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Marabillosa esta nova carta que para todos vós vos ofrecen os alumnos do CEIP Sofía Casanova, de Culleredo, e que sen dúbida algunha poderedes aproveitar para preparar unha cea digna dos mellores padais para estas datas de nadal e mesmo xa chegando o entroido. Non demoredes moito en poñer en práctica estes pratos pois os ingredientes de outono aínda os podemos conservar un pouquiño en inverno, pero xa en primavera temos que cambiar de menú.

Empanada de Choiviñas.

Primeiro collemos a masa e poñémola no forno durante trinta minutos. Despois faise a zaragallada que é auga de choiva, mistúrase un pouquiño con sal e botámola sobre a masa, e xa está! Listo para comer. Xa na mesa, sírvese nun prato chan e, que aproveite!

 

Ensalada de recordos de verán.

Nun cacho de leituga ponse dez veces verán, e despois ponse no forno vinte minutos, e despois cóllese o tomate e frítese na tixola catro minutos. Faise un bocadillo de cebola e poñémolo no forno dez minutos e acabouse.

Raiola de outono con aceite.

Precísase de: tres raios de sol, un recipiente e nada máis.

Faise así: ao pasar o outono quedou unha raiola e para poder quitala poñemos os tres raios de sol no recipiente. Mesturámolos e metémolo todo no forno quince minutos. Sacámolo e sae todo espeso como ten que ser. Que non vos estrañe porque vai saír con burbulliñas, iso é para formar o sol, e como vai chegar o verán. Fainos falla unha escada de quince centímetros polo menos para poder tiralo ao ceo e que o ceo quede azul como debe de ser, pero en tres días vai caír o sol porque as nubes foron poñerlle azucre. Hai que chamar a todos os veciños para que abran a boca e podedes comer como bos cidadáns que sodes a comida máis rica do mundo.

 Nubes con azucre.

Colles unha cana de pescar e tírala ao ceo. Colles unha nube, métela na pota trinta minutos e cando leve quince minutos bótaslle cinco quilos de azucre. Sácala e córtala. Despois sérvela nun prato. (despois lavanse os dentes!) Que aproveite!

 

Lingua cocida.

Primeiro collemos unha lingua calquera, pode ser inglésa, francesa… a que che guste. Métela nun pote e introduces os ingredientes. Podes encher con ollos de gato, brazo de touro, e para darlle máis gusto puntos e comas. Tes que cocelo cinco ou dez minutos e se a comes, sen darte de conta, falarás a lingua que coceches.

Caldo de novembro.

Primeiro colles o calendario e arrincas a páxina de novembro. Despois cortas os días en cubos. Nunha pota chea de auga metes os días dentro, e en trinta minutos o sacas e cómelo quentiño, porque frío sabe asqueroso.

Agullas de reloxo ao tempo de outono.

Collemos un reloxo e un martelo, rompemos o reloxo e quitámoslle as agullas.

Poñemos as agullas nunha pota de auga a ferver a lume lento máis ou menos uns dez minutos.

Cando estea listo engadímoslle unhas follas de outono, preferiblemente do mes de novembro e teñen que ser recen caídas das árbores.

E xa están listas para comer!

Bufanda á prancha.

Tes que coller unha bufanda do teu avó e ten que ser moi longa.

Con axuda da túa nai pránchala coa prancha de pasar o ferro á roupa. Quéimala un pouquichiño e fas un rolo con ela como se fose un roliño de primavera e polo nun prato.

E xa está listo para comer.

Ñam, ñam…

Continuade atentos ás novas propostas culinarias que poderedes ver nos vindeiros días no blog máis “restaurador” de Galicia… PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: