h1

COPLAS MARIÑEIRAS NO CEIP DE MAGARIÑOS

Xaneiro 7, 2010

Aquí chega a proposta dos creadores do CEIP Magariños, de Cambados. Preparádevos porque temos diante de nós un auténtico exercicio de coñecemento da nosa cultura tradicional. Os nosos pequenos fistores e participantes no obradoiro de oralidade da editorial Kalandraka propóñennos unhas adiviñas feitas con coplas tradicionais. Proba a escoller o verdadeiro verso entre as propostas que nos fan e demostra que eres un auténtico gaiteiro.

 

É moi importante que leas cada unha das propostas con atención e que TOMES NOTA nun papel DE CANTAS RESPOSTAS VAS ACERTANDO, poderás comprabar a resposta correcta escoitando o audio que hai debaixo de cada copla. Despois, poderás comprobar o teu nivel de coñecemento das coplas tradicionais mariñeiras ao final deste divertido xogo.

Mariñeiro miña nai,

Mariñeiro me han de dar,

Se non me dan mariñeiro…

a)      Que gusto hai de dar.

b)      Para ser mariñeiro teño que saber nadar.

c)      Eu non me hei de casar.

Lanchiña que vas en vela,

Lanchiña que vas en vela,

Levas panos e refaixos…

 

a)      Que me escapa a miña vela

b)      Para a miña Manuela.

c)      A vela de panos e refaixos.

 

Para que me comparas

Co longo areal

Se a area é branca…

a)      me vou ao mar.

b)      E eu son morena.

c)      Me fago un rosa.

 

Unha lancha de Marín

Coa proa de carballo

Catro rapaces da Pobra…

a)      Pescaron un allo.

b)      Comeron un callo.

c)      Roubaron un rodaballo.

 

Santo san Bartolomé

Está no medio da ría,

Dun lado ten a Rianxo…

a)      Do outro lado a ría.

b)      Do outro a Vilagarcía.

c)      Do outro lado á Illa.

 

Mariñeiro deste mare

Que no mar andas metido,

Dime ti, dos catro ventos…

a)      Cal é o máis divertido.

b)      Cal é o máis atrevido.

c)      Pero todos son moi rapidiños.

 

Se o mar tivera barandas

Iríate ver ao Brasil,

Pero como non as ten…

a)      Meu amor como hei de ir.

b)      Non teño que ir ao Sil.

c)      Non sei que dicir.

 

Non te cases co ferreiro

Que é moi malo de lavar,

Cásate cun mariñeiro…

a)      Que ben ha de estar.

b)      Que ven lavado do mar.

c)      Sen nada que arreglar.

 

Teño lancha, teño remos,

Teño sardiñas no mar,

Teño unha nena bonita…

a)      Meu irmán vaise bañar.

b)      O bebé vaise cambiar.

c)      Non quero máis traballar.

 

Para peixe frexco Vigo,

Para choco Redondela,

Para camarón Moaña…

a)      Para xamón Candela.

b)      Para polbo Xela.

c)      Para caciques Pontevedra.

 

A serea cando canta,

Canta no medio do mar;

Os mariñeiros dan volta…

a)      Solo pola oír cantar.

b)      E empezan a cantar.

c)      E empezan a pescar.

 

A virxen de Guadalupe

Cando vai pola ribeira

Descalciña pola area…

a)      Parece unha rianxeira.

b)      Un home viaxando pola eira.

c)      Camiñando parece mariñeira.

 

Mariñeiro que vas

Na túa lancha pescar

Ten coidado da serea…

a)      Que che ha de estar asexar.

b)      Que che está a agardar.

c)      Que che quere roubar.

 

Non hai portos como os de Arousa,

Vilas coma elas non vin:

Vilaxoán e Vilanova…

a)      De tanto medo de Brasil fuxín.

b)      Cousa tan rara non vin en Cambados vivín.

c)      Vilagarcía e Carril.

 

Pasei a ría da Arousa

Nunha lanchita de vela,

Non vin cousa máis bonita…

a)      Neste recuncho da terra.

b)      Aquí hai moitas estrelas.

c)      Nin penso volver a vela.

 

Fun dende Vigo a Moaña

Remando nunha lanchiña,

Vin pasar o berberecho…

a)      O berberecho na empanadiña.

b)      Detrás da berberechiña.

c)      O berberecho rico está na boquiña.

 

Polo mar vén un barquiño,

Imos ver que xente leva,

Leva xente de Cambados…

a)      En Cambados nunca neva.

b)      Queremos ir a vela

c)      Que é xente de boa terra.

 

Mar de Vigo, mar de Vigo,

Mar de Vigo non ten fundo,

Habían de caír nele…

a)      No mar de Vigo me fundo.

b)      Ana levou un xunto.

c)      As malas linguas do mundo.

 

Alá no medio do mar

Oín cantar á serea,

Válgame Deus que ben canta…

a)      unha cousa tan pequena.

b)      Ese non é de pena.

c)      Esa nena tan morena.

 

Vexo ceo vexo terra,

Vexo as illas Sisargas,

Cando miro para elas…

a)      Vexo as illas como o mar.

b)      Eu vin á illa nun barco moi bonito.

c)      Énchenseme os ollos de auga.

NIVEL DE COÑECEMENTO DAS COPLAS MARIÑEIRAS:

 

-Acertei as vinte coplas, ou polo menos máis de dezaseis.

            Moi ben, tes un dominio fantástico das coplas de temática mariñeira. Non deixes de seguir aprendendo coplas tamén doutros temas e anímate a cantalas. Seguro que serás o rei das festas con todas estas coplas e que o pasarás moi ben en cada foliada. NORABOA.

 

-Acertei entre dez e quince.

            Iso non está mal, non todo o mundo sabe unha de cada dúas coplas. Aprende algunha máis e de certo que cando esteas de festa alguén non recordará unha copla e ti saberás un bo feixe delas. Agora só tes que animarte a cantalas. Proba na vindeira feira do polbo, ou nun cumpreanos, na festa do labrego… oportunidades non che han  de faltar.

 

-Acertei entre cinco e nove.

            Temos un problema, non podemos estar sen saber coplas. O mellor que podes facer e botarlle un ollo ao blog de Palabras no ar, ou escoitar os programas de radio da campaña onde centos de nenos de todos os lugares che ensinarán un feixe de coplas para cando esteas de festa. Tampouco olvides a maior fonte de coplas, as nosas avoas e os nosos avós. Ánimo, e a aprender, que é divertido.

 

-Acertei entre cero e catro.

            Non te preocupes, non é que o teu non sexan as coplas tradicionais, é que aínda sabes poucas. Pregúntalle á túa avoa, bótalle un ollo aos programas de radio de Palabras no ar, ou mellor, anótate nun grupo de baile e gaita, aprende a tocar a pandeireta e a cantar, e en pouco tempo serás un auténtico gaiteiro. Anímate é moi, pero que moi divertido.

 

Non deixedes de visitar o blog de PALABRAS NO ARRRRRRRRRRRRRR…

Advertisements

One comment

  1. Que grandes son estes nenos de Cambados.
    Un Saudo



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: