h1

O CEIP PONTE PASAXE ACHÉGANOS AO PASADO TEMPLARIO DE CULLEREDO

Xaneiro 3, 2010

As mozas e mozos do CEIP Ponte Pasaxe, do Concello de Culleredo, que participaron no obradoiro de escrita creativa desenvolvido pola editorial Kalandraka para a campaña Palabras no ar, achegáronnos a parte da historia do seu concello, aquela que nos fala de vellos monxes-soldados, os cabaleiros templarios, que tiveron unha forte presenza no lugar do temple. Atendende a estas historias que nos levan a tempos de peregrinación, de longas viaxes a Terra Santa.

 

Para entender esta historia, Alba fainos unha pequena recensión que nos sitúa nestes lonxanos tempos dos templarios:

Os templarios eran monxes da Galicia do século XII – XIV, e eran os únicos que podían ser soldados e usar armas. Protexían os camiños onde ían os peregrinos andando ata a Terra Santa en Xerusalén, ata que un Papa chamado Clemente V disolveu todo isto porque foi presionado par disolver todo por un rei francés chamado Filipe o Fermoso.

Botádelle un ollo agora ás fermosas recreacións que os nosos escritores fan sobre aquelas lonxanas épocas:

Ao desfacer aos templarios (Clemente V) dixo que mataran a todos os que non cumpliran a súa orde. Aínda que algúns templarios non cumpliron a súa orde, escondéronse en covas, e pagando aos seus servintes para que lles trouxeran comida. Hoxe en día non se sabe onde están pero crese que aínda existen.

 

Os templarios.

 

Clemente V mandou aos campesiños que enterraran o Santo Grial e os nobres desenterrárono trinta anos despois do seu enterramento.

Clemente morreu do disgusto, porque el quería ter o Santo Grial na súa propiedade, pero enterrouno porque tiña moito valor, e así, ninguén sospeitaría del. Os nobres mercaron e tiveron na súa propiedade o castelo máis grande do mundo e morreron, caíuselles o castelo enriba deles. Os campesiños do Burgo encontraron o Santo Grial e convertíronse en nobres grazas as riquezas do obxecto.

Filipe o Fermoso  morreu coa alegría da noticia. E os campesiños da súa zona ocuparon o seu castelo xunto aos nobres.

 

 A historia que imos ver agora relata a vida segreda dun monxe e dun cabaleiro que se fai co Santo Graal:

Érase unha vez no ano 1312, un monxe tiña unha filla. O monxe chamábase Clemente V e a filla chamábase Ana, unha muller encantadora.

Tamén había un guerreiro que estaba a punto de tomar o Santo Grial, pero tiña que agardar a que viñesen Ana e Clemente V. Cando chegaron dixo Ana:

-Como te chamas?

E dixo el:

-Eu chámome Raúl.

E dixo Clemente V:

-Se es digno de tomar o Santo Grial, casarás coa miña filla.

Tomouno e non lle pasou nada, e entón dixo:

-Casarás coa miña filla.

 Escoitade agora a historia dun auténtico cabaleiro templario:

Ola! Son un templario. Vivo cos meus amigos no mosteiro de Culleredo. Estou moi nervoso pois o meu señor feudal mandoume ir ata Terra Santa pois certo xefe mouro, Al-Mohamed, matou a algúns amigos. Así pois quero coller as miñas armas. Boteime a camiñar. Un mouro case me mata! Menos mal que tropezou. De súpeto viu unha orde por unha pomba mensaxeira. Díxome que xa non fora, que Clemente V disolveu a orde. Aquí remata a miña historia.

 Tamén temos os desexos dun neno que lle gustaría ser tal e como os templarios eran:

Son un neno e gustaríame ser soldado e ser rico como os templarios. Tamén me gustaría combatir contra o mal e ter a paz no mundo.

 

Templarios.

 

Era o ano 1312, os templarios escapaban de Clemente V, para esconder o Santo Grial, foro nao Burgo, onde tiñan un lugar segredo. Alí esconderon o Santo Grial, os templarios escaparon e deixaron alí o Santo Grial.

Seiscentos noventa e cinco anos despois… uns nenos estaban xogando nun parque:

-Imos Alex, temos que irnos- dixo Aroa.

-Vale, vale, pero, a onde imos?

-Quedamos con Sofía e con Carlos na biblioteca para facer o traballo dos templarios.

-Chegades tarde, xa buscamos moito, Carlos está buscando naquela sección- dixo Sofía.

-Rapaces, rapaces, encontréi un mapa- dixo Carlos.

-De onde é iso?

-Da ría- dixo Carlos.

-Pois imos- dixo Alex.

-Encontrei algo, aquí- dixo Alex.

-Que é?- dixo Aroa.

-É unha porta segreda.

-Pois entremos.

-É o Santo Grial- dixo Sofía.

-Pois levémolo a un museo.

Así Aroa, Sofía, Alex e Carlos atoparon o Santo Grial.

Incrible este exercicio de historia tan verosímil, que mesmo podería ser tal e como sucedeu. Se queredes seguir achegándovos aos recunchos da imaxinación non deixedes de visitar PALABRAS NO AR.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: