h1

CREACIÓN LITERARIA SEN LÍMITES EN REDONDELA

Xaneiro 1, 2010

Achegádevos a esta nova entrega de historias que nos levan aos máis incribles mundos. Neste caso ofrecémosvos unha segunda entrega das historias creadas no CEP Santa Mariña de Redondela. Unha nova proposta que nace a partir da obra de Juan Ignacio Pérez Palomares: Batalla de naipes.

 

 Unha vez máis os obradoiros levados a cabo pola editorial Kalandraka na campaña Palabras no ar para o programa Bocaberta, nos achegan fermosas historias que neste caso son: un microrrelato que nos conta a historia dun cabalo, a historia dun cabaleiro que engana a todo un rei,… ben, non vos descubro máis para que vos mesmos poidades gozar con estes contos.

O home de bastos e máis o cabaleiro.

 

Un día, o home de bastos foi andando polo camiño e encontrou un cabalo e dixo en alto –De que é este cabalo?-. O cabaleiro dixo –É meu-, e o home de bastos contestou –é teu, pois ten coidado que se se che perde nunca o vas atopar.

 

O engano do rei.

 

Érase unha vez un rei que era protexido por un cabaleiro. O cabaleiro protexía ao rei de todo. O cabaleiro esperaba que o rei Badadrine morrera para que el puidera facerse co trono do rei. O cabaleiro ao ver que o rei non morría, envelenouno nun banquete real. O rei, que sabía que o cabaleiro de ouros, chamado Neixe, o quería envelenar, tendeulle unha trampa cambiando a comida del pola do cabaleiro, e así, o que morrera fora o cabaleiro.

 

 

A familia de Ouros.

 

Isto eran o Rei de Ouros e o seu fillo Cachozín VIII. Eran riquísimos, tiñan moitos soldados e castelos por todo o mundo de Naipes, ata que se encontraron co As de Picas e o seu exército de corazóns. E firmaron o tratado de paz, pero antes de firmalo o exército de tréboles lles tenderon unha emboscada. E firmaron todos o tratado de paz. Pero un mendigo le roubou a carteira e lle declararon a guerra a todos os mendigos. Cando ían no seu cabalo as Espadas, non lle deixaron pasar, e o rei de Ouros descubriu que o seu fillo Cachozín VIII era adoptado.

 

A batalla campal.

 

A sota de ouros chamada Forradiña, e a sota de bastos chamada Pepsi 009. As dúas foro nao centro comercial por separado. Estaban nunha tenda de botas e viron unhas botas de cairo, entón as dúas empezaron a pelexar polas botas de cairo. Pelexaban a guantazo limpo polas botas. Entón os gardas as separaron porque se non se mataban. Entón, fixeron un concurso de boxeo. Nas chairas do barrio chino. E gañou Forradiña e levou as botas.

 

Romance sen límites.

 

Hai moito tempo, nun reino chamado o Pais dos Ouros, xa que había moito ouro e o seu rei era o rei de ouros, chamado así pola súa riqueza. Ao rei de ouros non lle gustaban os bastos porque dicía que eran pobres. El tiña unha filla chamda Veorroto, chamada así porque o seu pai só quería o diñeiro para el e non lle quería comprar un veo novo. Un día ela foi pasear aos Campos Azuis que quedaban no baixo da colina e chamados así  polo río que pasaba por alí. Ela estaba lavando o seu veo cando un cabaleiro apareceu e lle dixo que era o fillo do rei de bastos que vivía nun reino colindante. Ao ver aquel cabaleiro a nena namorouse del e o cabaleiro marchouse ao seu reino sen máis. A nena ao chegar ao seu castelo díxolle ao seu pai –Hoxe vin ao cabaleiro de bastos e namoreime del-, e o seu pai  díxolle que non podía namorarse del porque era pobre. Xa, ao día seguinte a nena baixou aos Campos Azuis a ver se estaba o cabaleiro e alí o atopou, e ela contoulle o que lle dixera o seu pai e a el pareceulle mal. Máis tarde o cabaleiro díxolle que quería ter matrimonio coa súa filla e o cabaleiro díxolle que non. Entón, a filla do rei e o cabaleiro marcharon no seu cabalo a galope polo Monte da Morte, e conseguiron fuxir deles, e foron felices e cando morreron os pais de veorroto, eles foron os reis dun reino chamado o reino sen límites.

E do reino sen límites continuamos con esta aventura de imaxinación sen límites que é Palabras no ar. Seguide a visitar este blog e nos vindeiros días poderedes participar de novas propostas literarias e imaxinativas.

Continuade con PALABRAS NO AR…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: