h1

LOITAS MEDIEVAIS EN SANTA MARIÑA.

Decembro 31, 2009

Se vos atrevedes a adentrarvos en verdadeiras historias de guerra, de corte medieval, non deixedes de botar un ollo a esta canga de aventuras de loita e enfrontamento que nos ofrecen os escolares do CEP Santa Mariña de redondela, historias de batallas, enganos, reis e cabaleiros á beira do mar que xurdiron do obradoiro de escrita creativa realizado pola editorial Kalandraka e que nace da proposta da publicación de Batalla de naipes, de Juan Ignacio Pérez Palomares.

 

A guerra do castelo.

 

Hai moito tempo, na Idade Media, había unha lenda dunha copa sagrada que te facía invencible e inmortal, gardada nun castelo nos confíns da terra. Estaba gardada por un dragón vermello. O rei don Copón de copas enterouse e foi á captura dela, pero a asasina dona Espadachina tamén se enterou, e foi, sen dicir nada, coller un cabalo e tamén foi. Ao cabo dunha semana o rei viu ao castelo que non estaba moi lonxe. Cando chegou a asasina dona espadachina, o rei don Copón de copas adiantouse e díxolle        –alto-; pero ela non lle fixo caso. Cando chegou á sala da copa, o dragón que a protexía acordou e botou lume pola boca, pero a asasina esquivouno. Cando chegou o rei lanzoulle unha frecha ao dragón e morreu. O rei empurrou a espadachina ao chan e un soldado do rei colleu un Martelo e a destruíu para sempre. 

 

O reino de Atapuerca.

 

Esta historia sucedeu en Atapuerca. Un cabaleiro chamado Espiñazo Atropelado e o rei chamado Corazón de León estaban todo o día loitando coma o can e o gato. Se non loitaban porque un tiña máis diñeiro, era porque un era máis guapo ca o outro. O día do Magosto, como se chamaba ali, Duromarro, ían decidir quen sentaría no trono. Para decidilo ían facer unha carreira en bicicleta. Tiveron unha semana para limpar a bicicleta e adestrar.

Por fin chegou o día para os dous ansiosos por chegar ao trono e seren os máis ricos e poderosos. Empezou a carreira. O rei tropezou e caiu. O cabaleiro, a punto de cegar ao trono, tamén caiu. Ao fin, escolleron ao vagabundo da esquiña; e non pensedes mal, porque el foi o mellor: humilde e bo.

 

O castelo do revés.

 

Hai moito tempo nun lugar non moi lonxano vivían un nobre avaro e un rei non tan rei. O nobre chamábase don Ricachón e ao rei chamábanno o rei Cortapouco. O pobre do rei cría que era moi forte pero un día sen darse de conta, Ricachón cambioulle a súa espada de ouro e diamantes por unha espada de Madeira pintada de amarelo pero o rei non se dou de conta porque Ricachón lle collera as gafas de prata. Ricachón intentando agora roubarlle ao rei o diñeiro das arcas, o rei tendeulle unha trampa e atrapouno. Ía a cortarlle a cabeza coa súa espada, pero, por desgraza a súa espada era de madeira. Ricachón escapou e dise que agora vive nun castelo chamado Camelot onde volveu a repetir esta rara historia…

 

Os dous reis enfrontados.

 

Unha vez nun pais cheo de amor e paz chegaron dous reis. Os dous eran moi, moi ricos. Cada un construiu un castelo cheo de armamento e soldados. Un chamábase Cacho Copa III e o outro Cacho Basto II. Eles odiábanse a morte, e un día Cacho copa III díxolle a Cacho Basto II que quería loitar. Cada un levou un exército de cinco mil persoas, despois botaron a correr, o exército, e os dous reis quedaron no sitio. Tiñan cada un tres catapultas. Entón Cacho Copa III disparou unha pedra envolta en lapas que lle quitou todo o pelo a Cacho Basto II, que era tan gordo que se tirou ao chan e produciu un terremoto tan grande que fundiu a todo o exército no chan e os reis foron a unha pedra onde empezaron a loitar, e despois Cacho Cimg II, o veciño de Cacho Copa III puxo a paz entre os dous reis. Cando Cacho Copa III se ía Cacho Basto II tiroulle un basto á cachola… continuará…

Se vos gustaron estas historias non vos perdades os vindeiros días a segunda entrega de historias do Santa Mariña no voso blog preferido PALABRAS NO ARRRRRRR……..

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: