h1

AMOR E GUERRA NA ESTRADA

Decembro 28, 2009

Os escolinos do CEIP Pérez Viondi participaron e deron boa conta do obradoiro de escrita creativa desenvolvido por KALANDRAKA para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta ocasión, achegáronnos unha serie de historias de reis, batallas, fillos perdidos, amizade, amores difíciles… Botádelle unha ollada a estas fermosas historias que tamén podedes escoitar nas voces dos seus creadores. 

A amizade é o mellor

Un día a señora Espadina encontrouse con don Cabalo de Espadas e puxéronse a falar e a falar. De pronto, a señora Espadina levoulle a contraria a don Cabalo de Espadas nunha tontería e empezaron a discutir ata que pensaron que era mellor ser amigos que inimigos; e desde aquela, foron amigos para sempre.

 

A loita cos naipes

Érase unha vez unha sota de copas chamada Sotiña Copina e un cabaleiro de copas chamado Cabalop. Sotiña Copina pronto sería a raíña. O seu pai, o rei, non quería que casara con Cabalop, pois o pai de Cabalop era moi pobre. Sotiña Copina estaba moi triste. Un día don Cop, o rei e pai de Sotiña, reuniuse con Amnicio, o pai de Cabalop, para loitar. O que gañara decidiría se Sotiña Copina casaba ou non con Cabalop. Despois de catro horas de loita, gañou Amnicio. Sotiña Copina casou con Cabalop e viviron felices.

 

Dúas sotas

Había unha vez unha Sotenca de Ouros e unha Sotenca de Espadentos que estaban namoradas dun rapaciño moi guapo. El quería casar coas dúas sotas e así foi. Primeiro casou coa Sotenca de Ourentos; tiveron un fillo, pero despois divorciáronse e casou coa Sotenca de Espadentos, e tivo dous fillos; pero de alí a uns anos volveuse divorciar. Despois duns anos, volveu casar e viviu feliz coa súa nova esposa.

 

O cabaleiro e a sota loitadora

O cabaleiro rico vai salvar unha preciosa sota loitadora. A esa loitadora pareceulle moi guapo o cabaleiro e, como era rico, aínda lle parecía mellor. Desde ese momento, a sota quedou namorada do marabilloso e rico cabaleiro. Pero había un problema, que o cabaleiro non estaba namorado da sota loitadora. Un día, o cabaleiro deuse conta de que ela era moi boa persoa e o que non importaba era se era guapa ou pobre… El foi xunta ela a comunicarllo e decidiron casar e seren felices.

 

O fillo do rei de bastos

Xa vai moito tempo que o rei de bastos abandonou o seu fillo e o rei de copas acolleuno na súa casa. Vinte anos máis tarde, o rei de bastos foi reclamar o que era seu. O rei de copas e o rei de bastos empezaron a pelexar ata que o cabaleiro se foi da casa porque non aguantaba máis. Entón, os reis, ao descubrir que o cabaleiro se fora da casa, xuntáronse para buscalo e ao final atopárono. O rei de copas díxolle, -ben, deixámolo, porque non me gusta estar enfadado. Quédome eu co cabaleiro e xa está-. 

-Diso nada- dixo o rei de bastos. E así durou a pelexa e nunca puideron parar.

 

Non deixedes de visitar esta inesgotable fonte de historias e contos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: