h1

UNHA FESTA PARA IGREXIÑO

Decembro 16, 2009

A  visita de PALABRAS NO AR aos nenos e nenas do CEIP da Igrexa-Chapela deparounos unha moi agradable sorpresa: atopamos a IGREXIÑO , un personaxe que vive na súa biblioteca e que ten unha historia moi especial. Queredes coñecelo?

Pois velaquí o tedes. Igrexiño chegou un día de Xúpiter nunha nave espacial como a que vedes na foto. Unha vez na Terra, a biblioteca do colexio da Igrexa pareceulle un bo sitio para vivir e alí está desde entón. Se alguna vez ides por esta escola, poderedes ler a súa historia neste enorme libro feito polos alumnos do colexio. A que é ben fermosa?… Polo menos, tanto como os contos que Patricia e Pablo lles contaron e lles cantaron.

E entre eses relatos estivo o de “Paco“, o rato que foi á Lúa nunha nave espacial porque lle dixeran que era de queixo. Teríase atopado con Igrexino na súa viaxe? Quen sabe…

Uns días despois, celebrouse cos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria un obradoiro de oralidade a partir da proposta do libro “A banda de Vilacendoi“. Utilizamos a nosa lingua para falar, entre outras cousas, das formacións musicais que animaban festas e verbenas nos tempos dos nosos avós,  así como dos instrumentos que as conformaban.

 

Contos e música… unha boa festa para IGREXIÑO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: