h1

ENTRE AS PEDRAS DA TORRE DE CELAS

Decembro 16, 2009

Grazas á campaña PALABRAS NO AR, desenvolvida por KALANDRAKA, esta vez achegámonos máis á historia imaxinaria do Concello de Culleredo. Aquela historia que non está tirada de documento ningún, senón das cabezas e da imaxinación das nenas e nenos do CEIP de Tarrío, que desta vez nos presentan un dos grandes tesouros de Culleredo. 

Atendede moi ben a estes relatos que nos recrean parte da historia de Culleredo: batallas e loitas na Torre de Celas entre reis, princesas, cabaleiros… Toda unha manchea de embites que unhas veces rematan ben, e outras, no infortunio.

A loita entre a sota de bastos e o cabaleiro de espadas

 

Era unha vez unha sota de bastos que fixo un combate na Torre de Celas contra o cabaleiro. A sota de bastos estaba na Torre de Celas, chegou o cabaleiro e fixeron o combate para ver quen se quedaba coa filla do rei.

Fixeron o combate. Non gañou ninguén porque chegou a raíña e dixo que ía elixir ela.

 

Un rapaz feliz ou infeliz?

 

O rei de bastos chamado Sacapinchos tiña un fillo, a sota de ouros, chamado Pinchos. Non quería vivir na Torre de Celas, senón en Culleredo. O pai, enfadado, díxolle que mentres fora seu fillo non ía marchar. Pinchos, enlouquecido, marchou a cabalo a xunto da súa nai Melinda. Ela díxolle –Marcha co teu pai, se non vaite matar. Quérote moito para que pase iso.- Pinchos pasou dous anos na Torre de Celas. Coñeceu unha rapaza chamada Rosa, namorouse dela e ela del. Casou con Rosa e tiveron catro fillos chamados Torre, Celas, Bocaberta e Carta.

 

A inimizade das copas e dos ouros

 

Os ouros vivían na Fortaleza de Celas. E as copas vivían na Torre de Hércules. Os reis das copas e dos ouros odiábanse a morte, pero a sota de copas e o rei de ouros eran amigos. Por esa razón víanse ás agachadas no cemiterio. Pero ao fin descubriron a súa amizade e matáronos pola amizade que tiñan.

 

  

A sota de bastos e o cabaleiro de espadas

 

Érase unha vez, na Torre de Celas, unha sota de bastos e un cabaleiro de espadas. Casaron, e á voda veu o pai de bastos, que encarcerou o cabaleiro e ao pai do cabaleiro de espadas. Pelexaron e ao final perdoáronse e casaron.

 O cabaleiro e o cociñeiro

O cabaleiro loita co cociñeiro, un coa copa e o outro coa espada. Estaban loitando para saber quen quedaría coa Torre de Celas. Os dous perderon a Torre. Despois fixéronse amigos e deixáronlles aos fillos casar con que quixeran. Ao final, os fillos foron moi felices.

 

Seguide atentos ás historias dos nosos escolinos, que fan que todos esteamos un pouco máis cerca de Culleredo. Moitos saúdos a todos e moita felicidade para estas festas navideñas que se achegan; tempo de lecer no que poderedes capturar as palabras ceibadas ao ar desde Culleredo. Moita  imaxinación para todos e todas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: