h1

CONTOS CON MÚSICA EN CULLEREDO

Decembro 15, 2009

Durante a semana do 23 ao 27 de novembro, os nenos e nenas dos CEIP Sofía Casanova, CEIP de Tarrío, CEIP Ría do Burgo, CEIP Isaac Díaz Pardo e CPR Ponte da Pasaxe participaron nas sesións de contos con música que KALANDRAKA realizou no Edificio de Usos Múltiples do Burgo, no marco da campaña PALABRAS NO AR. Achegádevos ao que foron estas actividades de dinamización da lingua, con algúns dos habitantes máis cativos do concello…

Velaquí unha mostra dos libros que Pablo e Patricia, os contadores de KALANDRAKA, lles cantaron e contaron aos escolares de Educación Infantil e Primaria dos colexios de Culleredo

Un deles foi “Paco“, o conto escrito pola polifacética autora Paula Carballeira, que narra  a historia dun ratiño que foi á Lúa porque lle tiñan dito que era de queixo.  Un personaxe tan viaxeiro como a propia Sofía Casanova ou como Bule-Bule, esa xoaniña que lles axuda aos pequenos do CEIP Isaac Díaz Pardo na súa biblioteca.

E falando de ratos… A que non adiviñades quen é a que canta deste xeito? 

Pois claro, é a ratiña presumida que veu invitada a Culleredo ás sesións de contos con música. Quizais viña visitar a Olegario, o rato bibliotecario do CEIP de Tarrío que, segundo nos contaron, é neto de “Frederick“, outro personaxe benquerido por todos nós.

Falando de bechos. Escoitade… Escoitade como fan estes tres “Chibos Chibóns” cos seus pezuños pasando por riba da Ponte do Burgo cara aos altos do Xalo, onde medra unha herba riquísima. 

Pero a cousa non queda aquí. Tamén axudamos a Mamá Galiña a quitarlle a abelá da gorxa ao seu poliño para que non afogara. Corremos, corremos e corremos, cantando esta canción no conto “O poliño da abeleira“.

E tan contentos quedamos que, ao pé da Ría do Burgo e da Ponte da Pasaxe, cantámoslle unha cantiga á “Lúa” mentres bambeaba a Paco, durmidiño no seu colo.

E para os que continuedes aínda espertos, vede esta montaxe con imaxes das sesións de contos con música, cunha melodía do compositor Marcial del Adalid.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: