h1

VISITA GUIADA POR CHAPELA

Decembro 13, 2009



O que vos propoñemos nesta ocasión é unha visita a Chapela da man dos nenos e nenas do CEIP Alexandre Bóveda de Angorén. Escoitade como ven e valoran o lugar onde viven mentres facedes un percorrido polo espazo a vista de paxaro. E se vos gustou o paseo pola beiramar…que tal se agora xogamos ás adiviñas?

Despois de presentarnos a súa vila, o  equipo de PALABRAS NO AR propuxo aos alumnos de Angorén un xogo arredor da colección Pequechos… de Faktoría K de Libros: elaborar adiviñas de animais da ría.  Poñede os cinco sentidiños para adiviñar as que transcribimos a continuación:

– Son un gran saltador, son moi bonito e parezo un “delfín”. Quen son?

– Cómesme moito nas vodas e nos banquetes pero se metes a man no acuario fágoche dano. Quen son?

– Vivo no mar, algúns me cazan moito e comigo fan arroz. Quen son?

– Son un peixe mediano, son prateado, entérrome na area e ás veces pico nos pés. Quen son?

– Parece que teño pegamento porque me pego ás rochas. Vós comédeme e son de cor negro. Quen son?

– Vivo agachado na area, posme na tixola e cómesme á cea. Bótasme limón e gusto un montón. Quen son?

– Vivo no mar, teño tentáculos e son moi famoso. Quen son?</em

– Son moi rica, vivo no mar e prepáranme polo Nadal. Quen son?

Que tal vos foi? Agardamos que acertarades moitas adiviñas . Pero aquí vos deixamos a derradeira:

Son un becho moi tolo e gústame moito ler, vivo preto da ría, na biblioteca de Angorén. Quen son?

Pois claro, A Caracola Tola. Se queredes coñecer máis sobre os autores das adiviñas, non dubidedes en visitar o fantástico blog da súa biblioteca A Caracola Tola.

Ata a próxima!

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: