h1

MONICREQUES EN PORTO CABEIRO

Decembro 2, 2009

Esta é unha pequena mostra do obradoiro desenvolvido polo equipo de PALABRAS NO AR  no CEIP Porto Cabeiro de Redondela. Alí, aproveitando a experiencia dos escolares na construcción de personaxes con elementos de refugallo, quixemos animalos a pensar, debuxar e describir cadanseu monicreque. Que mellor lugar que Redondela para renderlle unha merecida homenaxe ao teatro de títeres e aos seus protagonistas…

   

Mirade que personaxes nos recibiron á nosa chegada ao cole. Poderiamos dicir, con propiedade, que non teñen desperdizo ningún, non si?

    

E aquí tedes aos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria traballando no deseño dos seus monicreques e das súas historias. Pode que algún deles chegue a materializarse… Neste enlace presentámosvos algunhas ideas.

E para rematar unha divertida mañá de outono, os alumnos do CEIP Porto Cabeiro prepararon unhas preguntas para Eduardo Rodríguez Cunha ‘Tatán’, fundador do Obradoiro de Teatro e Marionetas Tanxarina de Redondela, e un dos organizadores do Festival Internacional de Títeres que se celebra anualmente nesta localidade.  

Se queredes escoitar as súas respostas, estade moi atentos á emisión radiofónica do venres de PALABRAS NO AR.

  

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: