h1

ORIXES E HISTORIA DA RAPA DAS BESTAS

Novembro 28, 2009

Escoitade ben, porque nesta ocasión ofrecémosvos un par aventuras que forman parte da longa historia da Rapa das bestas; festa centenaria do lugar de Sabucedo, na Estrada, e que nos achegan as nenas e nenos do CEIP Figueiroa. Estas historias recrean unha parte da festa grazas á proposta literaria de “Batalla de naipes” para o obradoiro de escrita creativa. Os personaxes da baralla achégannos tamén unha parte da nosa propia historia.

Os cabalos tolos.

Había unha vez, na Rapa das Bestas, un cabalo que quería matar a outro, pero o outro, como era tan bo, cada  día quería reconciliarse. O cabalo de ouros lanzáballe ouro e o cabalo bo, é dicir, o de bastos, facíase cada vez máis rico, ata que se lle acabou o ouro e o cabalo de ouros díxolle: -Bah!, non sería amigo teu nin que me deras todos os bastos do mundo-. Para cumprirlle o gusto, deulle todos os bastos, pero non llo agradeceu, e ao día seguinte, o pai do cabalo de ouros pediulle perdón ao de bastos, e os dous gozaron dunha boa Rapa.

 

Os mellores amigos. 

Había unha vez un rei de bastos que era pobre, e outro rei que era de ouros e era rico. Un día os dous reis atopáronse na Rapa das Bestas, e alí foi onde se fixeron amigos. O rei de ouros non sabía que o rei de bastos era pobre. Ían sempre a todos os sitios como se foran mozos. Pero un día, xogando ao fútbol no parque, o rei de ouros díxolle ao rei de bastos que non lle gustaba a xente pobre. Entón, o rei de bastos mentiulle. Un día, o rei de ouros seguiu ao rei de bastos ata a súa casa e viu que era pobre, e dixo que xa non era o seu amigo, e nunca se volveron ver.

 

Se queredes aprender máis cousas sobre a Rapa das Bestas seguide atentos ao blog de PALABRAS NO AR, porque atoparedes novas achegas para o coñecemento das orixes e da historia desta festa centenaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: