h1

‘PALABRAS…’ DOS NOSOS AVÓS

Novembro 26, 2009

Coñecédelos? Pois si, son  Manuel e Manuela, os protagonista de Avós, a entrañable historia escrita por Chema Heras e ilustrada por Rosa Osuna, que podedes ler nas vosas bibliotecas. A súa vida, como a dos vosos propios avós, foi moi diferente á nosa: os xogos, a forma de divertirse, os seus traballos, a música que adoitaban escoitar… e ata a forma de falar ou de comunicarse era diferente á de agora. Por iso, en PALABRAS NO AR quixemos adicar parte dos obradoiros de oralidade a pensar e a expresar esas diferenzas. Continuade lendo e mergulládevos nun anaquiño do noso pasado recente.

 

Velaquí os nenos e nenas do CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes. Sabedes que fan? Pois traballan arredor das coplas tradicionais que os nosos avós cantaban para pasalo ben. Pero a proposta de PALABRAS NO AR consistiu en crear novas fórmulas a partir dos ditos antigos.  Velaquí unha pequena mostra do seu traballo e da súa imaxinación:

Como puidestes escoitar, moitas destas orixinais creacións lembran as costureiras,  os ferreiros, os mariñeiros… E sobre estes oficios tradicionais falamos cos nenos e nenas do CEIP de Cedeira. Eles foron quen de describir estas actividades -algunhas case esquecidas- como os mellores guías dun museo etnográfico.

E logo, quen mellor para guiarnos nunha visita polas salas do Museo do Pobo Galego ? Aprendede máis cousas sobre os oficios de antano neste divertido xogo, intentando adiviñalos a partir das imaxes. E se precisades axuda, non dubidedes en escoitar as indicacións dos nosos guías. Benvidos ao museo…

 







Agardamos que o pasarades moi ben neste instructivo paseo polo pasado. Xa sabedes que o Museo do Pobo Galego agárdavos, se queredes coñecer máis sobre a nosa historia. E non esquezades preguntarlles aos vosos maiores  sobre todo isto porque… moitos de nós temos ‘museos’ vivos na nosa propia casa.

Advertisements

One comment

  1. Que fermosa experiencia e que interesante poder relacionar os contos (Avós) con actividades tan importantes como recuperar a nosa memoria.

    Sabedes que esta actividade que nos propoñedes foi moi ben acollida para traballar contra o alzeimer?
    Grazas.

    Seguide así e longa vida a PALABRAS NO AR.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: