h1

“BATALLA DE NAIPES” NA ESTRADA

Novembro 22, 2009

Carola, a galiña da bufanda azul, ten conta dos nosos creadores e grazas ao seu aXexo creamos un novo mundo de batallas. Chega outro capítulo de Batalla de naipes, baseado no libro de KALANDRAKA, da man das alumnas e alumnos do CEIP Figueroa, da Estrada. Emocionantes aventuras dos nosos queridos personaxes da baralla que, desta vez, queren ser persoas normais, que acaban no hospital, e mesmo descobren familiares que tiñan perdidos. Botádelle unha ollada a estes relatos que nos achegan ao fantástico mundo que se agocha tralos reis, cabalos, ouros, sotas e espadas. 

Pillabán

Outra vez, o fillo do rei de espadas gañara un castigo. El e mais os seus irmáns coáranse na cociña e escaparan coas larpeiradas que máis lles gustaban. Atrás, os cociñeiros enfurecidos, perseguíanos e, como era de saber, o rei do castelo, Feito-anacos, botoulle unha bronca tremenda:

Ti que es meu fillo, e es un príncipe da realeza, como ousas portarte así? Farasme quedar mal diante do pobo- dixo Feito pensando só en si. O fillo do rei, Pillabán, só quería ser un rapaz normal. Ao seguinte día acordou e, con moito ánimo, foi dar unha volta pola vila. Alí encontrouse cun home. Aquel home xa era moi maior, e parecía moi enfermo. Unha señora, a muller daquel home, choraba sen parar. Pillabán quixo axudar, pero ocorréuselle unha idea mellor. Pillabán levou o home ao castelo. Cando curou, o home, moi agradecido, xuroulle que lle devolvería ese favor. Pillabán contoulle o seu soño, de ser un rapaz normal. O home díxolle que non lle podía cumplir ese desexo, pero Pillabán conformouse. O home non se deu por vencido, así que aquel home presentoulle a súa filla, o seu orgullo, pero a Pillabán pareceulle fea…

Á filla daquel home gustáralle Pillabán, pero Pillabán escapaba cara ao seu castelo. Non conseguiría o seu soño, pero escapar, escapou daquela moza. De lonxe, escoitaba o seu pai berrar con el.

 

Os dous cabaleiros

Éranse unha vez dous cabaleiros, un era moi rico e chamábano o Cabaleiro Dourado, e o outro era un cabaleiro que se chamaba don Copas. Chamábano así porque estaba todo o día no bar. Ata o seu cabalo, cando tiña sede, bebía viño. Un día, o cabaleiro Dourado encontrouse con don Copas, e o cabaleiro Dourado díxolle que tiña que beber menos. Don Copas enfadouse e empezaron a pelexar. O cabaleiro Dourado lanzáballe balas coa súa ametralladora e  don Copas bebía as botellas e lanzáballas á cabeza. Cando se lle acabaron as botellas, lanzoulle o cabalo á cabeza. Entón, viron que a súa pelexa non tiña sentido, fixéronse amigos, foron ao bar e todos felices, excepto o cabalo, que tivo que ingresar no hospital coa pata rota.

 

Familia sen sabelo

Había unha vez un príncipe chamado señorito Bebe-moito, que ía paseando polos verdes campos de Nunca-xamais. Encontrouse cun vello chamado señor Feito-ouro, e Bebe-moito díxolle:

-Aparta vello, que me estorbas!

-Como te atreves a falarme así?- dixo Feito-ouro.

Ao final, os dous volveron por onde viñeran. Todos os días era a mesma historia. Pelexándose, ata que un día Bebe-moito encontrou a Feito-ouro chorando. Bebe-moito tiña corazón e achegouse a el e preguntoulle que lle ocorría. Feito-ouro díxolle que perdera o seu neto, que era de familia Bebedora. Bebe-moito díxolle que el tamén perdera o seu avó, que era de familia Dourada. Ao cabo dos anos os dous fóronse facendo amigos ata que un día Bebe-moito dixo:

-Teño unha idea! Podo ser o teu neto imaxinario!-. -Gústame esa idea! De acordo-. Así, os dous estaban contentos. Un ano despois, enteráronse de que si que eran neto e avó. Así pasaron os anos e o neto e o avó reconciliaron a familia Bebedora coa Dourada, e felices viviron moooooooooito tempo.

Un bo surtido de historias, verdade? Pois non deixedes de visitar o blog de PALABRAS NO AR porque imos coñecer novas historias saídas do fío que sae de dentro da caixiña de cartón na que se gardan estes personaxes. E animádevos a crear os vosos propios relatos.

Lémonos en…  PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: