h1

“PEQUECHOS” DO MAR… EN REDONDELA

Novembro 20, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR e os nenos e nenas do CEIP Santo Paio de Abaixo propoñémosvos un novo xogo: pequechos da ría… de Redondela!

Esta proposta, desenvolvida nun dos obradoiros de oralidade con nenos de 5º curso de Educación Primaria, está inspirada na colección Pequechos, editada por FAKTORÍA K. Collede papel e lapis e ide anotando os vosos acertos neste divertido enredo cos animais mariños. Despois, comprobade a puntuación obtida na táboa que tedes abaixo. Atrevédesvos a pescar?

 …Como vos foi ? Fostes quen de acertar moitos “pequechos”? Pois velaquí os nosos consellos segundo a vosa puntuación:

  • De 16 a 20 puntos: Noraboa! Sodes uns grandes expertos na ría e nos seus habitantes. Seguide estudando e chegaredes moi lonxe.
  • De 11 a 15 puntos: Ben, parece que coñecedes bastante o mundo mariño. Pero seguide a ler e a observar, descubriredes moito máis…
  • De 6 a 10 puntos: Aínda que sabedes algúns animais da ría, non vos viría mal un paseíño por ela de cando en vez… E mellor coa marea baixa!
  • De 0 a 5 puntos: Perigo! Se obtivestes esta puntuación, apagade urxentemente o ordenador e marchade cos vosos amigos, pais, avós, tíos… a visitar a ría ou o mercado máis próximo. Alí agárdanvos sorpresas marabillosas.

Se aínda continuades aí, significa que coñecedes bastantes habitantes das nosas costas. Queredes coñecer aos nenos e nenas que fixeron estas fantásticas adiviñas? Pois aquí tedes algunhas imaxes tomadas durante o obradoiro.

Poderedes ver máis imaxes do obadoiro no blog da biblioteca, onde hai un artigo sobre a presenza de PALABRAS NO AR  en Santo Paio.

Unha aperta a todos os nenos e nenas deste centro, a toda a comunidade educativa, e noraboa polo seu interesante traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: