h1

CONTOS E MÚSICA EN QUINTELA E VENTOSELA

Novembro 11, 2009

PALABRAS NO AR en Ceip Quintela 3

A seguinte xornada de PALABRAS NO AR  en Redondela levou a actividade de contos con música ata as parroquias de Quintela e de Ventosela. Como noutras ocasións, música e contos para animar os máis pequenos no emprego da nosa lingua.

PALABRAS NO AR en Ceip Quintela 4

Os nenos de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria do CEIP Quintela foron os primeiros en escoitar a Patricia e a Pablo, os contadores de KALANDRAKA, nunha mañá de outono. Participaron activamente na sesión, na que puideron acompañar coas palmas algunhas pezas, coñecer distintos instrumentos da nosa música tradicional ou axudar a algúns dos personaxes que por alí pasaron a acadar os seus obxectivos.

O esquío Xaquin na biblioteca do Ceip QuintelaTamén nos presentaron a Xaquín, un esquío que vive na biblioteca da escola e que, se cadra, tamén aprendeu os contos tan ben como os nenos e nenas de Quintela: “Paco“, “Chibos chibóns“, “Amelia quere un can“… Sabedes por que lle chaman así a este personaxe? Pois polas primeiras letras das parroquias de SaXAmonde e QUINtela, de onde son case todos os nenos e nenas que acoden a este centro. A que ten un nome ben bonito?

Máis tarde, Patricia e Pablo chegaron ao CEIP de Ventosela, onde todos os escolares do cole participaron na sesión de contos e música. Todos… E algún máis, xa que a mestra convidou a un par de pequeniños que comezarán a ir ao colexio o vindeiro curso. Que boa maneira de achegalos aos libros e á lectura! 

Velaquí tedes algunhas imaxes da sesión.

Primeiro, viaxamos á lúa con Paco. 

PALABRAS NO AR  no CEIP Ventosela

Unha vez alí, e despois de dexar o ratiño protagonista ben durmido, adicámoslle unha canción á Lúa. Queredes escoitala?

Máis tarde, Patricia aprendeunos que ás veces, unha caixa non é unha caixa.  

PALABRAS NO AR  no CEIP Ventosela 2                       

E despois de ter axudado ao poliño para non afogar cunha abelá, acompañamos a Pablo co seu clarinete, que semella un crebacabezas. Recordades cantas partes ten este instrumento? 

PALABRAS NO AR  no CEIP Ventosela 3

 PALABRAS NO AR  no CEIP Ventosela 4

Pois así, entre contos e música, remata outra xornada de PALABRAS NO AR en Redondela.

Seguide con nós, porque aínda quedan moitas máis!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: