h1

‘PALABRAS…’ DE OUTONO EN CESANTES

Novembro 10, 2009

Froitas de Outono en Outeiro das Penas

Velaquí unha mostra dos traballo que atopou o equipo de PALABRAS NO AR na súa visita ao CEIP Outeiro das Penas. Semella que o outono ten chegado a Cesantes… É, pois, tempo de castañas, de magostos, de chuvias e de contos. Por iso, como hai moitos, moitos  anos, recollémonos -maiores e pequenos- en torno ao poder evocador da música e da palabra.

 PALABRAS NO AR en CEIP Outeir das Penas 1

Á nosa chegada ao cole, agardábannos os nenos e nenas  de 1º e 2º curso de Educación Primaria para compartirmos un feixe de fermosas historias. Así, pola biblioteca foron aparecendo diferentes personaxes imaxinarios: Paco, ese ratiño audaz que foi á Lúa; Amelia e o seu desexado can; os Chibos chibóns que pacían no monte… Pero un dos protagonistas destes relatos atopouse especialmente ben ao chegar ao colexio de Cesantes. Mirade este conto feito polos nenos e nenas do 1º ciclo e entenderédelo.

Traballo escolar no Ceip Outeiro das Penas

Pois claro! O poliño estivo encantado debaixo da abeleira e do carballo. Mágoa que a súa nai non pensara da mesma maneira. Canto tivo que correr para que o seu pitiño non afogara cunha abelá! E todos os nenos e nenas axudaron na procura de auxilio. Ímolos escoitar!

Finalmente, presentámosvos unha convidada moi especial que asistiu á sesión de contos e música no CEIP Outeiro das Penas: a ra Matilda. Este bechiño de nome tan literario axuda os nenos e nenas de Cesantes na súa biblioteca. A que é moi “chuliña”?

 A Ra Matilda en Cesantes

Noraboa a toda a comunidade educativa de Cesantes, polo traballo de proxección das vosas propias PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: