h1

‘PALABRAS NO AR’ NA VILA DE REDONDELA

Novembro 9, 2009

PALABRAS NO AR en Ceip Santa Mariña 1

A EEI A Marisma e o CEIP Santa Mariña foron outras paradas de PALABRAS NO AR no seu itinerario por estas terras. Alí, e cos ecos recentes da celebración do Samaín, acochámonos nunha preciosa biblioteca para contar e cantar cos nenos e nenas da vila de Redondela.

Nana da biblioteca do Ceip Santa MariñaAquí está Nana, o trasno da biblioteca do CEIP Santa Mariña. Acompaña os nenos e nenas cando están a ler e, como non podía ser menos, tamén acompañou a Patricia e a Pablo mentres contaban e cantaban os contos. Quizais noutro tempo coñecera a outro trasno, o Trasno Comodín, un vello amigo de KALANDRAKA que prestou o seu nome para a colección de contos clásicos, na que figuran títulos como O poliño da abeleira.

 

PALABRAS NO AR en Ceip Santa Mariña 4

Outro momento especial chegou cando apareceron na biblioteca tres novos personaxes: os Chibos chibóns. Realmente, non estiveron moito tempo con nós durante a sesión de PALABRAS NO AR pero, a xulgar polo seu éxito entre os cativos, coidamos que son benvidos e agardamos que non tarden en voltar. Pablo e Patricia contaron este conto con música de tres pandeiretas: pequena, mediana e outra moi, moi grande que -como estes chibos- vén das montañas máis altas de Galicia. Lembrades como se chama?

PALABRAS NO AR en Ceip Santa Mariña3

PALABRAS NO AR en Ceip Santa Mariña 2

Pois claro… a pandeira! E así soa cando o Chibo Chibón grande pasa pola ponte…

Pero o conto que máis lles gustou aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria de Redondela foi Amelia quere un can. Riron a cachón coas disparatadas ideas desta nena que, o que máis quería no mundo, era ter un cadeliño. E xa sabedes, a forza de insistir e insistir…

Continuade con nós para descubrirmos xuntos máis PALABRAS NO AR.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: