h1

‘PALABRAS…’ POLOS CAMIÑOS DE REDONDELA

Novembro 8, 2009

Mural de Neboa no CEIP de Trasmañó

Velaquí un fermoso mural que decora unha das paredes do CEIP de Trasmañó. Nel podemos ver un retrato de Néboa, un coelliño branco que acompaña os nenos e nenas no colexio. Mesmo o levan para as súas casas nas fins de semana. Xunto con outros personaxes imaxinarios, Néboa tamén foi protagonista dos contos como os que viaxan a cotío na maleta dos contadores de KALANDRAKA.

PALABRAS NO AR no Ceip Trasmañó

Trasmañó foi outra das etapas de PALABRAS NO AR nesta segunda xornada de contos e música en Redondela. E participaron todos os alumnos e alumnas deste pequeno centro, situado nunha atalaia de vistas privilexiadas sobre a ría de Vigo. Pero o día continuou…

Ilustración de A banda de Vilacendoi_Xulio Gayoso_Kalandraka Editora

«No medio e medio dun souto está Vilacendoi, a miña aldea…»

Con esta suxerente frase, Xulio Gayoso comeza o libro “A banda de Vilacendoi“. Pero estas palabras ben nos puidera servir para describir tamén o noso seguinte destino en Redondela: o CEIP de Cedeira.

Nenos de Cedeira de excursión   Froitas de Outono en Cedeira

Alí, na súa biblioteca, agardábannos os nenos e nenas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, coas orellas ben abertas e o cu pousado no chan. Deste xeito e sen pestanexar, escoitaron atentamente os contos que Pablo e Patricia lles foron contando e cantando: “Paco“, “Amelia quere un can“, “Chibos chibóns” e, moi especialmente, “O poliño da abeleira“. Ben seguro que se atoparía en Cedeira como na súa propia casa.

Seguide atentos a este blog, onde atoparedes máis novas de PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: