h1

CONTOS E MÚSICA EN CHAPELA

Novembro 7, 2009

PALABRAS NO AR no Ceip Alexandre Bóveda 2

A primeira xornada de PALABRAS NO AR no Concello de Redondela levounos ata a parroquia de Chapela, onde o equipo de contadores de KALANDRAKA visitou -coas súas maletas cheas de historias e instrumentos- os colexios de Angorén e de Laredo.

PALABRAS NO AR no Ceip Alexandre Bóveda

A biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Angorén acolleu a primeira actividade de contos con música. Alí, Patricia e Pablo xunto cos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, abriron de par en par as portas da imaxinación para acompañar a Paco na súa viaxe ao espazo, ou para axudar a tres Chibos chibóns a cruzar a ponte, ou para cantar co poliño da abeleira e coa mamá galiña a súa canción preferida…

PALABRAS NO AR no Ceip Alexandre Bóveda 3

A Caracola TolaPero se cadra non estaban sós… Dixéronnos que nesta biblioteca vive tamén un personaxe, Caracola Tola, que axuda os nenos e nenas de Angorén na súa laboura de bibliotecarios. Velaquí está o seu retrato, por se a atopades por aí. Seguro que tamén aprendeu os contos que PALABRAS NO AR  levou a Chapela!

Nenos e nenas do Ceip Laredo

Máis tarde, os contos de PALABRAS NO AR trasladáronse á biblioteca do CEIP de Laredo, onde agardaban os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1ºciclo de Primaria. A escola estaba moi bonita, decorada -coma moitos outros colexios de Redondela nesta época do ano- con calacús e con follas e froitos do outono. Alí coñecemos tamén a Leo, un pacífico león que colabora cos nenos e nenas de Laredo no traballo da biblioteca.

Leo, a mascota da biblioteca do Ceip Laredo   Decoración na entrada do Ceip de Laredo

Todos estiveron moi atentos aos contos e participaron moito acompañando a Pablo e a Patricia nas cantigas. Ademais, abofé que estes nenos e nenas -que saben tantas cousas sobre astronomía- foron quen de guiar o noso ratiño Paco polo camiño das estrelas e das galaxias, na súa viaxe ata a Lúa. E mesmo o deixarían alí durmindo, despois de terlle cantado un arrolo.

Continuade con nós polos sendeiros de Redondela mentres continuamos ceibamos as nosas PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: