h1

AGRO DO MUIÑO E BISPO GUERRA VENSE NO CAMPO DE BATALLA

Novembro 2, 2009

Campo de batalla.

Terra da Barcala. Lugar de Ames. Ano 2009. No campo de batalla do Pazo da Peregrina víronse as caras os alumnos do CEIP Bispo Guerra e do CEIP Agro do Muíño, e puxeron a funcionar a súa imaxinación nesta batalla de ideas e contos, ofrecéndonos deste modo unha manchea de relatos cos personaxes da baralla.

Este traballo nace a partir do libro”Batalla de naipes“, de KALANDRAKA, cun texto do autor Juan Ignacio Pérez. Non deixedes de botarlle unha ollada a estes fermosos relatos e ás elaboradas ilustracións dos escolares.

Os fillos de ouros e espadas.Os fillos de ouros e espadas

O Rei de Ouros e o Cabaleiro de Espadas eran moi amigos. Ata que un día descubriron o que facían os seus fillos: pelexar. Estiveron pensando por que pelexaban. Preguntáronllo e as contestacións fixeron que os reis pensaran o mesmo. Fixeron unha pelexa que fixo que os nenos quedaran sós. Ao non estar pelexando namoráronse e dixéronllo aos seus pais. Parou a pelexa e os fillos casaron.

Orróseo e o malvado cabaleiro Caposo

Había unha vez un home chamdo Orróseo que vivía coa súa filla nun castelo abandonado no medio do bosque. Un día apareceu preto do castelo o malvado cabaleiro. Caposo pai decidiu falar con Caposo para decirlle que fose un cabaleiro bo. Ao día seguinte volveu vir Caposo para dicirlle que xa non era un cabaleiro malvado.

Os viños compartidos

Érase unha vez un castelo de ouro dourado, cuns torreóns de ouro, que tiñan ventás de ouro, con pechaduras de ouro. Vivía o Rei Ricón Glotón II que, coma sempre, estaba queixándose das súas riquezas e ía berrando polo castelo:

-Non pode ser que sexa tan rico e non teña viño! -dicía- que sorte ten o meu veciño Viñoco O Roubón, el sempre ten as mellores festas.

Mentres tanto Viñoco, o Rei de Copas, estaba preparando outra festa das súas.

Despois dunha semana, ao Rei de Ouros ocorréuselle unha solución: compraríalle o viño ao Rei Viñoco e todo solucionado; pero aínda que o intentou durante un mes, non o logrou ata que a súa filla e mais o fillo do outro rei se namoraron.

Loita cruel.Cabaleiro de copas e Rei de Espadas

Érase unha vez un Rei de Espadas e un Cabaleiro de Copas e non paraban de loitar. Cada día pelexaban ata que, un día, o cabaleiro de copas deciciu renderse. E no final acabaron facéndose amigos e no resto das súas vidas e non houbo ningún problema máis entre eles.

Os reis inimigos 

Había unha vez dous reis que se levaban moi mal, porque hai moito tempo eles dous eran amigos; cando eran amigos, un día, atoparon un tesouro. Como os dous querían o tesouro, enfadáronse. Un rei chamábase Sota de Ouros e Cabaleiro de Espadas desde aquel día sempre foron inimigos. Sota de Ouros era o que tiña o tesouro; un día a filla de Sota de Ouros dixo que tiñan que compartir o tesouro e convenceuno. Sota de Ouros partiu o cofre do tesouro, e quedouse cunha metade para el e outra para Cabaleiro de Espadas. Desde aquel día foron amigos. Pouco despois mercaron moitísimas cousas pero, de tanto que mercaron, acabóuselles o ouro. E os reis quedaron sen diñeiro porque decidiron ir a un casino. Eles pensaron que gañarían sempre porque nos seus castelos sempre os demais os deixaban gañar. No casino perderon e quedaron sen diñeiro. Agora Sota de Ouros chámase Sota sen Ouros, e Cabaleiro de Espadas quedouse co seu nome, pero xa non era cabaleiro, acabou sendo barrendeiro.

Os mellores amigos Sidimini e Chupichupa

Un día Sidimini e Chupichupa saíron dar unha volta polo parque en bici, pero cando chegaron ao parque deixaron as bicis e foron xogar ao fútbol. Pero cando chegaron preferiron ir xogar ao baloncesto. Pero cando chegaron preferiron ir xogar ao tenis. E cando chegaron estaba ocupada a pista e, de súpeto, aparece Cainkoin e díxolles se querían xogar ao tenis. E logo Mariaxavilovasko díxolles se querían ir xogar ao baloncesto, e dixeron que si.

cachobruto II O malentendido

Había un cabaleiro de bastos chamado Omerano. Omerano era moi testán. Tiña un grande amigo, que era o rei de ouros, chamado Tertolio que era moi simpático. Un día Omerano foi visitar a Tertolio. Non o encontrou. Foi buscalo noutra cidade e atopouno con outra persoa. Omerano pensou que era outra amiga súa e que el xa non era o seu amigo. A persoa que estaba con Tertolio era unha sota de espadas chamada Pipinai. Pipinai era a noiva de Tertolio. Tertolio explicoullo a Omerano e entendeuno. E pediulle perdón a Tertolio polo malentendido.

Unha baralla sen sentido

Érase unha vez unha terra moi lonxana chamada Barallolandia. Alí vivían uns personaxes que algúns ben coñecedes, de xogar cos teus pais, avós, amigos ou todos xuntos. Alí as terras dividíanse en catro reinos. Cada un tiña a súa realeza . A política dos reinos era pegarse coas súas armas: espadas, bastos…  Pero un bo día chegaron a vivir alí dúas persoas especiais, o Cabaleiro de Espadas e a Sota de Espadas. Eles estaban acostumados a vivir cos seus amigos, inimigos e os que non coñecían, en perfecta harmonía, e cando viron que os outros reinos se pegaban, queixáronse ao rei. O rei ignorounos, foron outra vez e o rei xa estaba farto e quitoulle as armas a todos os reinos. Desde ese día todos os reinos viviron en paz.

Lalisa e Corinco

Érase unha vez un cabaleiro chamado Corinco que ía a cabalo pola fraga e encontrouse cunha moza chamada Lalisa. Corinco cando a viu, namorouse como nunca se namorara, e iso que xa tivera moitas mozas. Corinco convidou a Lalisa ao seu castelo. Despois levouna a cabalo polo bosque. Lalisa díxolle a Corinco que parara nunha fonte e que bebera un pouco. Corinco fíxolle caso e bebeu da fonte. Cando bebeu caeu ao chan e Lalisa rouboulle a chave do castelo. Resultou que Lalisa era unha meiga que só quería o castelo.

Soto IICabaleiro rico e sota pobre

Había unha vez un cabaleiro moi rico chamado Riqueiro II. Tiña cinco castelos, doce torres e quince casas. Aínda que tiña moito diñeiro, nunca compartía e ademais era moi arrogante. Un día Soto II rebelouse contra o cabaleiro. Despois de moito loitar, Soto foi correndo á vila. Pola noite, Soto e o pobo correron ata o castelo e alí enfrontáronse contra o exército inimigo. Soto loitou contra Riqueiro e despois de moito loitar Soto gañou. Ao final, Soto deu todo o diñeiro ao pobo e todos viviron en paz.

…Todo un mundo de fantasía nun instructivo obradoiro de escrita que queremos compartir no blog de PALABRAS NO AR.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: