h1

NO FOXO CO ‘CARPINTEIRO DOS SOÑOS’

Outubro 27, 2009

Fuxú

Quen é? preguntarédesvos todos. Ben, todos, todos… non. Os nenos e nenas do CEIP O Foxo coñecen ben  a FUXÚ, un trasno da especie ‘furabolos’ que traballa de bibliotecario na súa escola dende tempos remotos. Fuxú leva por nome “a voz do vento” e, como o todos os superheroes, ten unha misión: ser “ferreiro de estrelas”, “canteiro de astros celestes”, “carpinteiro dos soños”. Estamos seguros de que escoitou con atención todos os contos que Pablo e Patricia contaron e cantaron no Foxo, porque neles non faltaron estrelas, astros e soños.

Ilustración de Paco. Blanca Barrio. Kalandraka Editora.

Primeiro, deixamos a Paco durmido na lúa. Cantámoslle un canto de berce para que adormecera. Logo dunha accidentada viaxe é normal non poder apañar o sono. E, xa na Lúa, Patricia e Pablo aprendéronnos a cantar un conto moi especial. Queredes saber como  quedou? Velaquí o tedes.

LUA. A. Rubio/O. Villán. Klanadraka Editora
 

Que ben cantan os nenos e nenas do Foxo! Se cadra, tamén podedes oir a voz de Fuxú axudando na cantarela. Á que escoitamos ben seguro é a Amelia, que por fin puido convencer o seu pai para que lle mercara un can. Non lle tería sido máis doado pedirlle un poliño? Así daría conta del para que non lle ocorrese un percance semellante ao do poliño da abeleira, que case afoga cunha abelá.

 Il. O poliño da aveleira_G. Pacheco_Kalandraka

A ver se non lle pasa o mesmo ao noso trasno, agora que é tempo de castañas .  “A mellor solución é que Fuxú non saia fóra” , advertiunos un cativo moi precavido. E con estas lerias rematamos os contos. Agardamos voltar pronto ao CEIP do Foxo para seguir “carpintexando nos soños”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: