h1

UNHA INESPERADA SORPRESA PARA A ‘GALIÑA CAROLA’

Outubro 23, 2009

Il. O poliño da aveleira_G. Pacheco_Kalandraka

O CEIP de Figueiroa foi o seguinte destino do equipo de PALABRAS NO AR na súa estadía no Concello da Estrada. Rodeado de castiñeiros, este colexio agocha no seu interior unha acolledora  biblioteca, onde tivemos a sorte de atopar unha amiga moi especial: a GALIÑA CAROLA. Ela acompañounos durante o tempo que estivemos alí cos nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria. E levou algunha que outra sorpresa…

 

 Acompañando en Figueiroa

Aquí tedes aos cativos de Educación Infantil mentres compañan coas palmas a Pablo e a Patricia cantando unha peza dun galo amigo seu disposto a buscar moza. Como el sabía que estarían en Figueiroa e que verían á Galiña Carola, pensou que quizais fora boa idea que aprenderan a cantiga. Que non a sabedes? Pois velaquí a podedes escoitar.

Infantil Ceip Figueiroa

Decatástesvos de que a galiña que sae na ilustración de arriba non é Carola… Pois claro! É Mamá Galiña coidando do seu poliño para que non afogue coas abelás. Para que iso non ocurrira tivemos que axudala todos. Recordades a canción de O poliño da abeleira?

Acompañando en Figueiroa

(Premede aquí para escoitar a canción)

Despois de axudar a Mamá Galiña a quitar á abelá do papo do poliño, Patricia contoulles a todos que o poliño… namorara de Carola! A nova foi acollida con diferentes reaccións por parte dos nenos e nenas de Figueiroa. “A verdade é que a galiña tamén o necesita“, dixeron uns. “O poliño é moi pequeno para Carola“, dixeron outros. E iso que Patricia lles contou que estaba disposto a agardar o tempo que fora necesario.

Patricia en Ceip Figueiroa

Ao fin, entre amores e desamores, cantos e contos, foi chegando á hora de marchar. Non sen antes lembrar a tradición máis festeira da Estrada, á través das admiradas bandas de música. Por iso A banda de Vilacendoi serviu para dicir ata pronto a toda a comunidade escolar de Figueiroa.

A Banda de Vilacendoi en Figueiroa

Moitas grazas polo agarimoso recibimento e seguide con nós en PALABRAS NO AR.

Advertisements

2 comentarios

  1. Noraboa ao equipo de Palabras no ar polo seu traballo. Coido que é unha sorte para os nenos destes concellos poder asistir a unhas actividades programadas con coherencia, contextualizadas e conectadas co traballo previo feito polos metres e mestras. Unha forte aperta e continuade enchendo o ar de palabras.


  2. Parabens a todos,é moi ledo ver como os nenos disfrutan cunha “lectura diferente” dos contos de sempre ou dos novos.Temos que seguir nesa liña. Unha forte aperta e ata sempre.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: