h1

ENTRE OS MUROS DO PAZO DA PEREGRINA

Outubro 22, 2009

Alumnos do CEIP de Barouta

Prestade moita atención. As mozas e mozos de Barouta ofrécennos para este blog da campaña PALABRAS NO AR un conxunto de fermosos contos. Estes relatos contados ao xeito de Batalla de naipes -unha obra de Juan Ignacio Pérez- teñen por obxecto reescribir e reinventar a historia que Filomena Fraga nos contaba sobre a relación que a súa nai tivera co Pazo da Peregrina, onde traballara como ama de cría. Nesta ocasión, o obradoiro de escrita mistura a tradición coa propia Historia para elaborar unhas novas e tenras fábulas, e para traspasar con elas os muros do pazo. Así conectamos coa memoria, que Filomena tamén nos achega no seu libro, titulado A cancela. Pasado, presente e futuro, unidos co fío da imaxinación

a_cancela_001[1]

Botádelle unha ollada a estes fermosos relatos:

 

O castelo das torres longasO castelo das torres longas

…Nun castelo grande, con torres longas de pedra, que chegan ata as nubes. O castelo encóntrase ao lado dun río fermoso e transparente. Nel vivían: Mister Espadachín, un neno de nove anos e o Señor Macizo, o seu coidador. O que máis lles gustaba era saír ao río e xogar á pelota, e correr detrás dos esquíos.

Os pais de Espadachín teñen que marchar para Vailovento, unha vila lonxana; porque as xentes do seu reino non os querían, en concreto unha familia, por razóns descoñecidas. O seu fillo corría perigo!

Vailovento é un sitio bonito, moi bonito.

Pasou moito tempo e as estacións cambiaron, e pasaron vinte anos. Mister Espadachín botaba de menos  o Señor  Macizo, porque el fora o que o criara. Entón decidiu volver para buscalo. Encontrouno! Sentíronse ledos e moi contentos de volver verse. Pero pasaron tres días e Mister Espadachín tiña que volver e Macizo quixo ir con el, e por sorte conseguiuno. Viviron todos felices, pero iso é outra historia.

 

O pazo do río.O pazo do río

Esta historia sucedeu nun pazo á carón dun río moi pequeno onde había moitos peixes. Alí vivía un neno pequeño chamado Ricachón e o coidador do neno, que se chamaba D. Garrafón. O neno pasábao moi ben porque sempre o levaba pasear e pescar.

Pero un día, seus pais tiñeron que marchar a unha aldea moi pequena, e o neno púxose moi triste porque se tivo que separar do seu amigo.

Despois de anos e anos, o neno fíxose maior e xa tiña muller. Entón, un día, decidiu ir outra vez ao pazo coa súa muller a buscar o coidador.

Entón, despois de estar días buscando, encontrouno e púxose moi contento.

Ricachón díxolle se quería ir con el á aldea a visitar os seus pais, porque deixara na aldea os seus pais. Cando seus pais viron a coidadora puxéronse moi contentos e quedou alí a vivir.

 

Pazo da Peregrina.O pazo da fonte

Un pazo que está nun alto do monte é moi grande, e ten un xardín moi bonito, e unha fonte que bota moita auga. A dona Afiada coidaba a don Cuchilleiro, que era un neno que tiña dez anos; e a dona Afiada tiña trinta anos. A dona Afiada era moi boa co neno e saían pasear todos os días polo monte a ver voaro s paxaros.

E ían paseando e o neno viu a seus pais e botou a correr cara a eles. Súa nai recoñeceuno e seu pai nese momento non, pero despois recoñeceuno e marcharon a un pazo de Barcelona cerca do mar.

Despois pasaron anos. O neno acabou os estudos e fíxose grande, e decidiu volver onde nacera a buscar a quen o criara, porque tan ben o coidara, tan ben, que quería darlle as grazas por que o coidara tan ben.

Cando a viu, botáronse a chorar, deulle as grazas e estivo uns días con ela porque estaba mala na cama. E ao acabar os días despediuse dela e marchou para onde estaba vivindo. Chegou a onde os seus pais e púxose a contarllo.

 

O pazo das fervenzasO pazo das fervenzas

 Había unha vez…

Nun pazo moi grande, no medio do bosque, coas fervenzas caendo por riba do pazo, cheo de flores e silvas que tapan a metade do pazo, con pantanos e areas movedizas…

Había un neno que vivía no pazo, cunha coidadora que o levaba a pasear todos os días a Mister Ourazos, o neno que tiña cinco anos, que era moi fachendoso e viaxeiro. Facía que se metía nos pantanos cheos de areas movedizas.

Un día os pais de Ourazos marchan para un sitio chamado Salvador, porque os pais se levaban mal cos veciños.

Salvador era un sitio moi feo e bastante grade, pero estaba cheo de maleza e maldade.

Despois duns cantos anos Ourazos faise maior, pásalle o tempo moi rápido.

Ourazos decatouse de que quería buscar á coidadora que o criara cando era pequeniño, e encontrouna moi feliz e contenta cando viu a  Ourazos, sendo tan maior e tan guapo.

O home tiña que volver á cidade, Salvador, onde estaban os seus pais pero Ourazos colleu a muller e levouna para onda el, para que non estivera soa toda a vida, e así fora moi feliz e moi contenta porque estaría co neno, que se convertera nun home, forte e moi amable; non como era de pequeno.

 

Non perdades de vista os relatos de PALABRAS NO AR porque, con toda seguridade, seguirán a desvelarnos os segredos que se atopan agochados en cada recuncho, en cada muro, en cada lugar por onde pasades.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: