h1

MIROLEO E A PAXARIÑA DE PAPEL

Outubro 21, 2009

Nenos e nenas de Oca en Palabras no ar

A segunda etapa de PALABRAS NO AR  no Concello da Estrada chegou moi pretiño do seu coñecido pazo de xardíns marabillosos: o colexio de Oca.  Na biblioteca agardaban todos os nenos e nenas, desde os máis pequerrechos de Educación Infantil ata os maiores de 6º de Primaria, para escoitar contos, música e cantar con Pablo e Patricia. Pero alí, descubrimos a un pequeno amigo  moi especial…

Paxariña onde viaxa Miroleo

Miroleo

Vedes esta paxariña de papel? É enorme, non si? Pois está na biblioteca da escola. Contáronnos alí que nela viaxa MIROLEO, o neno loiro que está aquí debuxado. Tamén nos dixeron que Miroleo voa por todo o mundo buscando libros fabulosos para os nenos e nenas de Oca, e que llos leva á súa biblioteca. Por iso todos o queren moitísimo.

Pois aconteceu que Paco, na súa viaxe á lúa,  atopouse con Miroleo. Despois de coñecérense e, se cadra, xogar un pouco, Miroleo fíxolle a Paco un importante encargo : que levase á  biblioteca un libro novo para que Patricia e Pablo o puideran cantar e contar: Paxariña de papel. 

Queredes oir aos nenos de Oca cantando?  Pois escoitade moi atentos….

Cantando e contando Paxariña de Papel

Foi unha sorte que Paco e Miroleo se atoparan porque, grazas a este encontro tan oportuno, pasamos uns intres moi divertidos. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, ou iso se soe dicir, velaquí unha foto:

Nenos e nenas de Ed. Inf. de Oca en Palabras no ar 

Noraboa ao colexio de Oca e moitos ánimos para continuar traballando a prol da lingua e das palabras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: