h1

CONTOS E MÚSICA EN CODESEDA

Outubro 20, 2009

Nenos e nenas de Codeseda en PALABRAS NO AR

A primeira visita de PALABRAS  NO AR no Concello da Estrada foi ao colexio de Codeseda, o CEIP Cabada Vázquez. Así estiveron todos os nenos e nenas durante o tempo que durou a sesión de contos e música: coas orellas ben abertas e o cu ben pegado no chan. Seguide lendo este artigo e descubriredes o que alí aconteceu… 

Ilustración de Paco. Blanca Barrio. Editado por KalandrakaO primeiro en aparecer foi Paco, ese ratiño pequeno e rebuldeiro que quería viaxar á lúa. Pero nesta ocasión, non o tivo nada doado… O caso é que na biblioteca do cole vive un gato chamado “Manchitas”. Para os que non o coñezades, atrevédevos a facelo aquí, no Recuncho do Cabada Vázquez. E non vos preocupedes porque, ao final, Paco foi valente e conseguiu, coma sempre, chegar ao seu destino.

Contando Paco en Codeseda

  

Tamén coñecemos a Amelia, unha nena que o que máis quere no mundo é ter un can, aínda que para telo teña que insistir e insistir… E atopamos un poliño que, por larpeiro, case afoga cunha abelá. Todos tivemos que axudar a Mamá Galiña, corre que corre, para chamar á nube, para que lle dera auga o prado, para que lle dera herba á cabra, para que lle dera coiro ao zapateiro… Lembrades como era a canción?

 

Il. O Poliño da Abeleira. Gabriel Pacheco. Kalandraka Editora.

 

Ademáis, aprendemos a distinguir unha morea de instrumentos: o pito galego, o clarinete, a pandeireta e… Recordades como se chama esoutra pandeireta xigante que tocaban os avós na serra dos Ancares?

A Pandeira

Pois claro que si, a pandeira! Pablo explicou que parece que se facía cos cribos. Moitos nenos e nenas de Codeseda decatáranse da semellanza, aínda que a Estrada non se ven semellantes ‘aparellos’. O que si coñecen son as bandas de música, de tanta sona na bisbarra, como a de Vilacendoi. Con ela, cos seus pasodobres, polcas e muiñeiras, deixamos Codeseda, agardando voltar pronto.

Clarinete

Porque “todo o que pasa no mundo, pasou antes en” …Codeseda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: