h1

E DE AMES, AO CONCELLO DA ESTRADA

Outubro 16, 2009

O Pazo de Oca, un dos principais sinais de identidade da Estrada

A sexta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza o vindeiro luns día 19 na Estrada. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, para escolares de tres a once anos de idade. As actividades celebraranse ata o venres 30 deste mes e participarán máis de 800 escolares pertencentes aos CEIP do Foxo, de Figueiroa, de Oca, e os CEIP Cabada Vázquez, Pérez Viondi e Manuel Villar Paramá.

A evolución das actividades poderase seguir diariamente a través da web www.palabrasnoar.org. Como principal novidade, destacan os espazos radiofónicos que se emitirán a través de Radio A Estrada, na semana do luns 9 ao venres 13 de novembro, no 107.7 da Frecuencia Modulada, protagonizados polas voces dos nenos e nenas exercitando o uso da lingua galega. Tamén se poderán escoitar a través da páxina en Internet de PALABRAS NO AR. Ademais, e como recordo da súa participación, os escolares recibirán de agasallo un CD cos programas de radio emitidos.

Ler a NOTA INFORMATIVA completa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: