h1

CHEGAN ‘PALABRAS…’ AO AGRO DO MUIÑO

Outubro 12, 2009

Chegan os nenos do Agro do Muiño

Desta volta, os nenos e nenas que participaron na derradeira sesión de contos e música celebrada en Ames, levaron as nosas PALABRAS ata o CEIP Agro do Muiño. Pero coidamos que non viñeron sós…

DSCN1912

Aquí están, engaiolados e sen pestanexar. E así estiveron durante todo o tempo no que Pablo e Patricia foron debullando historias que os levaron dende a horta na que Mamá Galiña coidaba ao seu pitiño, ata a Lúa, onde deixamos o rato Paco ben durmido.

Mirade… Mirade ben polo telescopio. Non o vedes alí durmindo, deitadiño no colo da Lúa? Coido que si, que todos e cada un dos nenos e nenas que viñeron marcharon do Pazo da Peregrina con esa imaxe ben clara nas retinas da imaxinación.

DSCN1910

…Pero como diciamos ao comezo, coidamos que estes escolares non viñeron sós ao Pazo. Nós tamén cremos ver ,entre as follas murchas da parra que hai no xardín, a un trasno rebuldeiro, de nome LEOPOLDO. Coñecédelo?  Os nenos e nenas de Agro do Muíño saben da súa existencia… e seica moitos deles xa teñen probado os seus pos máxicos do “desexo de ler”.

Buscade ben pola vosa biblioteca, se cadra sodes quen de atopalo tamén e deixarvos contaxiar pola maxia da lectura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: