h1

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Outubro 8, 2009

Escampou

…E así foi. Os nenos e nenas de do CEIP Bispo Guerra de Bertamiráns aproveitaron unha escampadiña para sair dos autobuses que os levaron ata o Pazo da Peregrina, para participaren nas sesións de contos con música programadas en PALABRAS NO AR. E abofé que mereceu a pena!

Nenos Vispo Guerra

LeodoroComezamos coñecendo a Paco, un ratiño que marchou ao espazo na súa nave de astronauta, decidido a probar a Lúa, porque lle dixeran que era de queixo. E nesa viaxe atopou a Leodoro, un marciano verde ao que lle gusta moito ler. E resultou que Leodoro non só coñecía aos nenos do cole de Bertamiráns, senón que visita a cotío a súa nova biblioteca. O encontro foi do máis oportuno! Coidamos que entre eles agromou unha fonda amizade…

Clarinete e pandeiretaPero a cousa non quedou aí. Entre conto e conto, fomos coñecendo diferentes instrumentos musicais da nosa tradición: unha frauta especial chamada ‘pito galego’, o clarinete, as pandeiretas, a pandeira… E mesmo aprendemos a acompañar unha muiñeira! Por certo, escoitade esta canción. Adiviñades a que conto pertence?

 

…Pois claro, de O poliño de abeleira! Que ben que finalmente Mamá Galiña conseguiu salvar o seu filliño. Xa se sabe, hai que facerlles caso ás nais… ou ás profes, se non queremos vernos en apuros semellantes aos que tivo o protagonista desta historia.

Contando o poliño en Ames

E para rematar a mañá, tivemos unha grande sorpresa: ao Pazo da Peregrina achegouse un equipo da Televisión de Galicia para interesarse polas actividades de animación lingüística nas que están participando os escolares de Ames.

Visita do equipo da TVG a Ames

…E grabaron unha pequena reportaxe audiovisual que se emitiu en directo no programa Bos Días, e que podedes ver neste enlace.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Animádevos e védeo tamén no cole, ou na casa coa vosa familia.

Ah!, e non esquezades enviarnos os vosos comentarios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: