h1

COMEDIAS DE ENLEO NO CASTELO DE ALLARIZ

Outubro 7, 2009

Ilustración Batalla de Naipes de Josep Rodes

Os obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR xiran en torno ao enleo reviravoltado e dan pé a simpáticos relatos de malentendidos, de ‘leva-e-trae’, que abofé serán do voso agrado. Botádelle un ollo a estes exemplos humorísticos onde, a cada volta e a cada novo personaxe, o que nun principio era, pasa a ser outra cousa cada vez máis divertida. Gozade da lectura destes relatos de “Enleo de naipes”:

Bufón. Ilustración de Josep Rodes en Batalla de NaipesO castelo subacuático atopábase dentro do océano espadachín. Estaba feito de ouro e ninguén nunca o atopara. O rei Punzamorte andaba na torre das copas cando, de súpeto, a espada máxica non estaba; era tan importante porque custaba millóns. De súpeto, idea! Pídella ao rei Asasino de Espadas, mais el non entendeu moi ben… En fin, que foi á procura da fada no castelo de Merlín. De súpeto, atópase co Rei do Viño e cóntallo, e o rei vai na procura de viño e atopa o Cabalo de Ouros, e contoullo. O Cabalo de Ouros atopou o ouro e levoullo ao rei; o rei desesperouse moito e… atopouna el mesmo, tíñaa diante do nariz.

 

Ten catro torres moi altas cunhas portas xigantes, o castelo; está arrodeado por un foxo no que hai unha ponte para cruzalo. En cada torre teñen dous arqueiros por se veñen inimigos, e diante da gran porta do castelo dous cañóns. O rei, chamado Arlequín, estaba no balcón vendo a paisaxe, Afiado I. Ilustración Batalla de Naipes de Josep Rodescando se deu de conta de que o seu pedazo xigante de ouro que encontrara nunha illa e que tiña agochado na maceta, non estaba. O rei encargoulle a outro rei que vivía cerca de alí e que era moi forte, que fora buscar a peza de ouro moi importante, pero entendeulle ‘unha peza de puzzle’ moi importante. Pareceulle raro, pero marchou buscala porque eran moi amigos. Cando cruzou a ponte, atopou outro rei e contoulle o que tiña que buscar, e entendeulle ‘unha peza de carne’. Pareceulle raro, pero foi, e cando estaba nun bosque, encontrouse cunha sota e contoulle o que tiña que buscar, e entendeulle ‘unha vea de sangue’. Pareceulle raro, pero foi. Entón os dous reis e a sota encontraron a peza de carne, unha vea de sangue, unha peza de puzzle e leváronllas ao rei, e o rei desesperouse e morreu dun ataque ao corazón. Entón a raíña viuno e miroulle no peto, e resultou que a tiña no peto, e ao velo aí morto dun ataque ao corazón… E así remata este conto.

 

cachobruto II O castelo está cerca do monte, ten catro torres, murallas e dúas portas grades. Por dentro está todo moi ordenado e moi limpo. A raíña é alta e guapa e chámase Mónica. Sempre vai moi elegante e leva un vestido de ouro. Era o seu cadro que non estaba no seu sitio, e non encontraba a súa criada. O seu cadro é moi importante para ela, porque se non, pensa que non é unha raíña. Encargoulle ao cabaleiro de bastos que fora buscar o cadro, e o cabaleiro en vez de traer un cadro, trouxo un caderno. Encontrouse co cabaleiro de copas e díxolle que fose buscar un caderno, e en vez de traer un caderno, trouxo un xarrón. O cabaleiro de copas encontrouse coa sota de espadas, foi buscar o cadro, que era o que perdera a raíña desde o primeiro momento, e como non recordaba o que era, desesperouse moito.

 

IrmanÉrase unha vez, hai moitos anos, un castelo enorme que tiña tres torres: a do medio era a máis grade e tiña a punta de cor vermella. O castelo estaba no medio do monte, e ninguén subiu á torre do medio máis ou menos, hai tres décadas. Pero tamén dicían que había unha raíña chamada María. Ela sempre levaba vestido, era alta e delgada, máis que a raíña de ouros. Pero María estaba preocupada porque no castelo faltaba o cadro, que lle encantaba: era de moitas cores e tiña o castelo debuxado. A raíña explicoulle que perdera o cadro e o cabaleiro dixo: -Vostede raíña non se preocupe-. E o cabaleiro empezou a buscalo polo castelo e levoulle un cadro e dixo: -Toma raíña-. A raíña enfadouse porque non era o cadro, e non tiña o castelo; era un cadro feo. Entón a raíña díxolle -Vaite-. Entón, o cabaleiro, en segredo, díxolle á sota de ouros: -Se fas o traballo por min douche todas as miñas riquezas-, e a sota díxolle –De acordo, que teño que facer?-. E o cabaleiro dixo: -Tes que encontrar o cadro favorito da raíña e comezar a buscar polo castelo-, e levoulle un vestido amarelo e a raíña enfadouse e dixo: -Vaite-. A sota díxolle ao cabaleiro de bastos: -Encontra o cadro da raíña-, e o cabaleiro buscou e buscou, e o cadro estaba no baúl das prendas do rei, o difunto marido da raíña. E díxolle -Grazas-, e deulle tres bolsas de ouro, e o cabaleiro fíxose rico.

Non deixedes de visitar o noso blog e de seguir as novas aportacións que os nosos escolinos han continuar facendo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: