h1

UNHA MERENDA Á CARÓN DO RÍO

Outubro 6, 2009

Ponte Allariz

Despois de tanto traballar no obradoiro de escrita, os alumnos do C.E.I.P. Padre Feijóo de Allariz  quedaron cun pouco de fame, así que fomos de merenda á beira do río Arnoia.  Os cociñeiros e cociñeiras de quinto curso propuxeron un menú un tanto especial. Lede con atención as receitas porque, a verdade, é que foi unha merenda única!

 

ALLARIZ REVOLTOREVOLTO DE CANCIÓNS:

 -Bótalle unha pinga de voz, unha pequena volta á canción.

-Bótalle á canción unha fonte cun pouco de aceite, un aro de cebola, unhas cantas notas musicais: do, re, mi, fa, sol, la, si…

-Frítese e listo.

 

 allariz estreliñasSALTEADO DE ESTRELIÑAS:

 Ingredientes:

-Tixola

-Estreliñas, pero  non compradas. Non se fan un día calquera

-Aceite

-Azucre

-Pemento

-Tomate

 Preparación:

Cóllese a tixola  e bótase o aceite, tírase ao chan e as estrelas que ves bótanse na tixola.  Bótaslle azucre e cortas un pouquiño de pemento e un pouco de tomate, e ao prato. Xa está.

 

CANAPÉS DE FIGURIÑAS DE XADREZ:

 ALLARIZ XADREZPrimeiro collemos un taboleiro de xadrez feito por nós, cunha pouca de fariña dun muíño de preto da casa. Mellor que o faga un neno.

Despois poñemos unhas míllaras negras enriba do taboleiro. As míllaras da imaxinación.

Collemos un rei branco e poñémolo nunha pota negra.

Despois ás demais figuriñas poñémoslle salmón por enriba. Salmón do río da casa do avó.

Despois poñemos as figuriñas coas míllaras e a fariña do muíño enriba do taboleiro. Despois cortámolas e poñemos máis fariña nos cadros brancos, e aos cadros negros poñémoslles míllaras e metémolo no forno. Os mellores días son os días do ceo moi negro e a lúa moi branca. Que aproveite!

 

CALDO DE ABRAZOS:

ALLARIZ CALDOIngredientes:

– Cincuenta centilitros de auga quente.

– Medio vaso de arroz, algunhas fabas, tres verduras e un pouco de garavanzos, un pastel no que veñan dúas persoas abrazándose.

Preparación:

Pos cincuenta cl. de auga quente nun cazo a ferver, ao acabar de ferver a auga, bótaslle unhas poucas fabas; despois colles tres verduras e bótasllas ao cazo. Despois metes uns poucos garavanzos, colles o pastel de abrazos e mételo no cazo. Ao acabar, mételo no microondas durante dous minutos. Todo isto pódelo conseguir en supermercados.

 

Como vedes, non faltou de nada e marchamos coa barriga ben chea. Seguide atentos ao noso blog, porque en breve veredes unha excelente proposta de postres; os máis axeitados e deliciosos para un día de paseo á beira do río Arnoia, ou pola fermosa vila de Allariz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: