h1

ESCOLARES DE BAROUTA, EN PALABRAS NO AR

Outubro 5, 2009

Contacontos PNA Ames: Barouta

Desafiando a choiva e o vento do outono, comezaron as actividades de animación lingüística de PALABRAS NO AR no concello de Ames. E os primeiros en chegar ao Pazo da Peregrina para participar nas sesións de contos e música foron os nenos e nenas do CEIP de Barouta.

Cruzando o patio 

ratiñoCruzaron o patio a toda presa, tratando de non mollarse moito. E unha vez dentro, foron escoitando, de vagariño, as historias que Pablo e Patricia tiñan preparadas para eles. Estiveron moi atentos acompañando os contadores de KALANDRAKA nunha viaxe imaxinaria pola lúa e as estrelas con Paco, ou axudándolle a Mamá Galiña a atopar a ama para salvar o seu poliño.

CartelAdemáis, aprenderon un canto de berce, animaron unha muiñeira dando palmas e familiarizáronse co son do clarinete, da pandeireta e do ‘pito’ galego, que é unha frauta especial feita para tocar coa gaita.

…Unha mañá de chuvia e vento que os escolares de Barouta pasaron reunidos, como nos tempos de antano, en torno ao poder evocador da palabra, ao abeiro da memoria e da sabedoría que atesouran os libros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: