h1

ALLARIZ VIAXA NO TEMPO

Outubro 5, 2009

Obradoiro escrita PNA Allariz

As nenas e nenos do CEIP Padre Feijoo de Allariz  lévannos  cara ao medievo a través dos breves  relatos elaborados nos obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR. Esta pequena viaxe no tempo é tamén atemporal xa que non impide que aparezan personaxes coma Obama, as hipotecas, os banqueiros, e historias de todo tipo que nos traen de novo aos nosos días. Botádelle un ollo a esta pequena selección que de seguro vos vai encantar.

NamoradosO diñeiro non importa

 Érase unha vez unha sota que se chamaba María Xosé que vivía nunha vila moi pequena. Ela non tiña diñeiro e ninguén a quería. Un bo día coñeceu a un príncipe na cidade, que se chamaba Fernando. El estaba buscando esposa. Ao seguinte día… a sota María Xosé quixo casar con el. Foi buscar o príncipe para casar con el. Díxolle: –Queres casar comigo?-. E o príncipe dixo: -Si-. E viviron felices.

 

 O cabaleiro e a sota de espadas.

 Érase unha vez un cabaleiro e unha sota de espadas. Vivían nun castelo diles, fixérono cos seus amigos e era moi grande. O cabaleiro chamábase Xoán e a sota chamábase Pepe. Un día foron cazar e cazaron un corzo, tres xabaríns e dez pavos. E volveron para casa dos seus pais dicíndolles que cazaran e os pais puxéronse a cociñar e fixeron unha comida para os veciños da vila que foron comer alí á casa do cabaleiro e botaron alí todo un día.

Queres escoitalos nas voces dos seus autores?

O cabaleiro e a sota de espadas
O diñeiro non importa

Continuade lendo e escoitando máis relatos:

IrmanObama e o Papa

 Érase unha vez dous axentes do F.B.I. que se converteron un na sota de copas e outro no cabaleiro de bastos. Era para unha misión para pillar á Mafia Rusa, pero na mafia rusa había un home que era o Papa e Obama, que combatían contra a Hipoteca. Uns reporteiros os chamaran para ir visitar un piso que estaba en débeda, entón souberon que ían ver aos Zombis banqueiros e foron subindo escaleiras ata que o cámara caíu, é dicir, o Papa e Obama seguiu camiñando ata que o pillaron, pero só eran as bromas do cabaleiro de bastos e a sota.

 A batalla

 Era unha vez dous reis que vivían en harmonía pero un día pelexaron por un botín que había nun bosque e despois repartirono, o botín, pero o rei de ouros quería todo o botín e fixeron unha batalla.A filla do rei de ouros dicía que o podían compartir, o botín, ou a metade para cada un. O rei de bastos que era moi bo dixo que vale, pero o rei de ouros dixo que ía a acabar con el. O rei dixo:

-Xosé! (que así se chamaba o seu lacaio), traeme a espada.

O seu lacaio trouxolle a espada e aproveitou que o rei estaba falando coa súa filla de espadas e clavoulle a espada polas costas.E o rei de ouros quedou coas propiedades do rei de bastos.

 A princesa de espadas

Érase unha vez unha raíña e un rei que tiñan seis fillas e ningún fillo. A raíña estaba embarazada, entón o rei o día que ía nacer o príncipe naceu outra nena entón o rei púxose de acordo que tería un nome de neno e chamárono a Princesa de Espadas e así onrraba o seu nome ata que un día cando tiña 17 anos a princesa descubriu porque se chamaba así e decidiu poñerse outro nome, a princesa María. María foi moi feliz e, cando chegou o seu aniversario, Mariela, a súa irmá ciumenta botoulle un meigallo e María convertiuse na Princesa de Espadas, é dicir, que se convertiu nunha espada e só cando alguén a quitase da súa maldición dándolle un bico na empuñadura se convertiría en humana. Pero ninguén lle dou un bico en mil anos.

E para rematar, unha historia de irmáns con final feliz:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: