h1

PALABRAS NO AR CHEGA A AMES

Outubro 2, 2009

Pazo da Peregrina

A quinta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza a partir deste luns día 5 en Ames. A iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, para escolares de tres a once anos de idade. As actividades celebraranse no Pazo da Peregrina ata o 16 de outubro e participarán máis de 800 escolares pertencentes aos CEIP Bispo Guerra Campos, Agro do Muiño, Barouta e Ventín, a Escola de Educación Infantil de Milladoiro e os centros unitarios de Ames, Ortoño, Bugallido, Agrón e Covas. 

Velaquí  a programación:

  • Día 5 de outubro:

           – 10:00  Sesión de contos con música: CEIP Barouta.          

           – 11:30  Sesión de contos con música: CEIP Barouta.

  •   Día 6 de outubro:

           – 10:00 Sesión de contos con música: CEIP Vispo Guerra

           – 11:15  Sesión de contos con música: CEIP Vispo Guerra.

           – 12:30 Sesión de contos con música: CEIP Vispo Guerra.

  •  Día 7 de outubro:

           – 10:00  Sesión de contos con música: EEI Milladoiro.

           – 11:30  Sesión de contos con música: EEI Milladoiro.

  •   Día 8 de outubro:

            – 10:00  Sesión de contos con música: EEI Milladoiro.

            – 11:30  Sesión de contos con música: centros unitarios.

  •   Día 9 de outubro:

           – 10:00 Sesión de contos con música: CEIP Agro do Muiño.

           – 11:15  Sesión de contos con música: CEIP Agro do Muiño.

           – 12:30 Sesión de contos con música: CEIP Agro do Muiño.

  •  Día 13 de outubro:

           – 10:00 Obradoiro de escrita: CEIP Agro do Muiño.               

           – 11:30 Obradoiro de escrita: CEIP Agro do Muiño. 

  •   Día 14 de outubro:

            – 10:00 Obradoiro de oralidade: CEIP Ventín.               

            – 11:30 Obradoiro de oralidade: CEIP Ventín. 

  •   Día 15 de outubro:

           – 10:00 Obradoiro de oralidade:  CEIP Barouta.           

           – 11:30 Obradoiro de escrita: CEIP Barouta. 

  •  Día 16 de outubro:

                – 10:00 Obradoiro de oralidade: CEIP Bispo Guerra.               

                – 11:30 Obradoiro de escrita: CEIP Bispo Guerra. 

Como en anteriores ocasións, os nenos e nenas de Ames serán os protagonistas das emisións radiofónicas PALABRAS NO AR que terán lugar na semana do luns 26 ao venres 30 de outubro na frecuencia de Ames Radio, no 107.2 da Frecuencia Modulada. A evolución das actividades poderase seguir diariamente a través deste blog, onde tamén se poderán escoitar os programas unha vez emitidos. Ademais, e como recordo da súa participación, os escolares recibirán de agasallo un cartel e un marcapáxinas da campaña, así como un CD cos programas de radio emitidos.

Para máis información, podedes descargar aquí a nota de prensa.

Advertisements

One comment

  1. […] quinta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza hoxe en Ames. Esta iniciativa, que se enmarca no programa […]



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: